Enquisa de uso da lingua galega


Este curso 2022-2023 o traballo do Equipo de Dinamización vai comezar por actualizar o uso da lingua galega dentro da nosa comunidade educativa.


Desde xa podedes acceder ao cuestionario no que puxemos unhas 10 preguntiñas fáciles de responder e que nos permitirán observar se a Lingua Galega segue con boa saúde no noso centro.


Recordade que só se pode enviar unha resposta polo que necesitamos que sexades coidadosos cando leades os enunciados e cando marquedes as vosas respostas.

Moitas grazas por prestarnos un minutiño do voso tempo.



Preme aquí para acceder ao formulario.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO