Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta EPV

NADALIÑAS

Imaxe
 O NADAL 2025 non sería o mesmo sen o concurso de Nadaliñas que organiza o departamento de Educación Plástica co seu alumnado de 3º da ESO. Pronto os gañadores.

FESTA DE SAMAÍN

Imaxe
 Este curso o día 3º de decembro festexamos a primeira festa do calendario cun traballo multidisciplinar que supuxo a participación de distintas áreas (Inglés, Plástica, FPB Cociña, Galego) e a colaboración de máis de 100 familias. Desde o departamento de plástica fixeron o  tradicional concurso de cabazas :     Dende o departamento de Lingua Inglesa impulsouse un concurso de larpeiradas terroríficas que só foi posible coa colaboración das familias do noso alumnado e a coordinación da nosa compañeira Ana Iria .     A degustación das viandas só foi posible coa colaboración do profesorado e alumnado de FPB I e II que serviron a todo o alumnado e profesorado que quixo degustar estes manxares tan arrepiantes. Por último neste día aproveitamos para dar lectura aos textos gañadores do concurso de microrrelatos de Samaín, Organizado polo EDLG e o departametno de Lingua Galega , da man dos seus autores, Laura e Mateo.

CONCURSOS SAMAÍN

  Un novo curso e o outono vainos traendo a primeira festa do calendario. Xa está pretiño o Día dos Defuntos e a noite de Samaín. Este ano imos celebralo no IES e xa podedes ir preparando os vosos contos de medo e mais as vosas representacións sobre as tradicións galegas que se celebran nestas datas!! CONCURSO DOBRE: REDACCIÓN E MICROTEATRO!! concursos de samaín de Loli Cid

INTERCAMBIO XINZO-RIANXO II

Imaxe
Hoxe, 19 de xuño, tocou recibir ao alumnado e profesorado do I ES Felix Muriel de Rianxo . Despois de descubrirmos as Dunas de Corubedo e a vila literaria de Rianxo , tocábanos como anfitrións amosarlles a vila de Xinzo e os arredores aos nosos compañeiros da costa. Ben seguro que aquí non viron o mar, pero si puideron imaxinar desde o alto do castelo de Pena como foi a Lagoa máis grande da Península antes de que decidiran desecala e convertela no que hoxe vemos, terreos de cultivo.  Tamén visitamos o Museo do Entroido , fixemos unha xincana para que descubriran os recunchos da vila e algo da nosa historia. Finalmente, ameazados polas treboadas que viñan de San Mamede corremos lixeiros ao cole a facer difetentes obradoiros e coñecer ese espazo creado dentro do marco do Proxecto de Biodiversidade inclusiva e baixo o amparo das ESCOLAS AZUIS que nos puxo en contacto co IES de Rianxo, xa que somos as dúas escolas neste marco.

Dígocho eu: Animais ecosistema de auga doce

Imaxe
  Neste post deixamos algúns dos vídeos do alumnado no que se traballaban o vocabulario específico dos animais do ecosistema de auga doce, para intentar fixar as formas galegas e eliminar castelanismos. Esta foi a nosa pequena contribución dende a materia de Lingua Galega ao proxecto da charca no centro, no marco do Proxecto de Biodiversidade Inclusiva que organizan Bioloxía e EPV e que desenvolvemos durante todo este curso en 1º ESO no IES Lagoa de Antela.

DE LUÍSA VILLALTA PARA TODOS

Imaxe
  Este ano 2024 a poesía da escritora homenaxeada Luísa Villalta, saíu do IES para tomar a Praza Maior de Xinzo.  En colaboración co concello de Xinzo e coa organización do departamento de EPV e Horacio, foi posible que en tempo récord se armaran unhas lonas con poemas da escritora, executados por alumnado de diferentes niveis ( 1º ESO, 4º ESO, BAC, e Noel) para poder levar ata a vila e que toda a veciñanza coñeza os seus textos.  Alí os deixamos, coa axuda de alumnado de 1º e 2º da ESO que recitaron os versos e fixeron que a nosa lingua soara en todos os recunchos da praza. Agradecer tamén ao xornal local que veu a visitarnos e aos representantes do concello que tamén compartiron a xornada connosco.

SEMANA EUROPEA DA ARTESANÍA

Imaxe
  A colaboración co Proxecto de biodiversidade inclusiva ofreceunos a oportunidade de que o alumnado participara grazas a unha axuda da Unión Europea, a Artesanía de Galicia e ao propio concello de Xinzo en varios obradoiros de cestería (alumnado de 1º e 3º ESO) e outro de alfarería (4º ESO). Fantástico traballo e semana ao grande no cole con meios locais e autonómicos que se fixeron eco da actividade. OBRADOIRO DE BARRO EXPOSICIÓN DE ALFAREIROS DA ZONA  OBRADOIROS DE CESTERÍA