INTERCAMBIO XINZO-RIANXO II

Hoxe, 19 de xuño, tocou recibir ao alumnado e profesorado do IES Felix Muriel de Rianxo. Despois de descubrirmos as Dunas de Corubedo e a vila literaria de Rianxo, tocábanos como anfitrións amosarlles a vila de Xinzo e os arredores aos nosos compañeiros da costa.

Ben seguro que aquí non viron o mar, pero si puideron imaxinar desde o alto do castelo de Pena como foi a Lagoa máis grande da Península antes de que decidiran desecala e convertela no que hoxe vemos, terreos de cultivo. 

Tamén visitamos o Museo do Entroido, fixemos unha xincana para que descubriran os recunchos da vila e algo da nosa historia.



Finalmente, ameazados polas treboadas que viñan de San Mamede corremos lixeiros ao cole a facer difetentes obradoiros e coñecer ese espazo creado dentro do marco do Proxecto de Biodiversidade inclusiva e baixo o amparo das ESCOLAS AZUIS que nos puxo en contacto co IES de Rianxo, xa que somos as dúas escolas neste marco.















Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

MAPA XINCANA RIANXO-ANTELA