Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta portugués

VIAXE CULTURAL DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA - LISBOA

Imaxe
 O alumnado de portugués do IES Cidade de Antioquía e do IES Lagoa de Antela, acompañadas das docentes fixeron unha visita ao país luso para coñecer un deperto a  súa cultura e ter a oportunidade de falar a lingua que estudan na aula. PLAN DE VIAXE  18 MARZO 2024 Saída de Xinzo entorno ás 9:00 horas con destino a Lisboa parada para visita guiada pola cidade de viseu e xantar continuación da viaxe ata chegar a destino - distribución de aloxamento e descanso. 19 MARZO 2024 Comezo do día ás 8:00 - pequeno almoço visita á escola de odivelas para realizar actividades Entrada ás 10:00 - xantar desprazamento ao centro da cidade para facer un percurso a pé polas rúas máis representativas de lisboa retorno ao aloxamento - cea e descanso 20 MARZO 2024 Comezo do día ás 8:00 - pequeno almoço saída para visita guiada ao museu e estadio do benfica -xantar no parque das nações e tempo libre visita guiada ao oceanário de lisboa retorno ao aloxamento - cea e descanso 21 MARZO 2024 Comezo ...

CONCERTO: SERGIO TANUS e MARTA BRAVO

Imaxe
  Noemí, da Arca da Noe, fixo posible que o artista brasileiro, Sérgio Tanus e a Marta Bravo viñeran cantar para o alumnado de Lingua Portuguesa deste e doutros cursos. Foi un concerto no que a música achegou a Galiza ao Brasil a través de distintos ritmos musicais: pop, soul, funk... E como non hai dous sen tres ou sen catro... unha parella de brasileiros de Minas Gerais, acompañaron aos artistas anteriores e interpretaron tamén algunha peza. Todo un luxo de voces.   

A LUSOFONÍA

Imaxe
  Carla , de 2º ESO D, ensínonos as múltiples posibilidades que se abren para un galego a través da lingua portuguesa. Despois de ver o vídeo xa podedes presumir de lingua!!   Este outro vídeo da lusofonía é de Antón e Ismael , tamén de 2º ESO D