Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Bioloxía

INTERCAMBIO XINZO-RIANXO II

Imaxe
Hoxe, 19 de xuño, tocou recibir ao alumnado e profesorado do I ES Felix Muriel de Rianxo . Despois de descubrirmos as Dunas de Corubedo e a vila literaria de Rianxo , tocábanos como anfitrións amosarlles a vila de Xinzo e os arredores aos nosos compañeiros da costa. Ben seguro que aquí non viron o mar, pero si puideron imaxinar desde o alto do castelo de Pena como foi a Lagoa máis grande da Península antes de que decidiran desecala e convertela no que hoxe vemos, terreos de cultivo.  Tamén visitamos o Museo do Entroido , fixemos unha xincana para que descubriran os recunchos da vila e algo da nosa historia. Finalmente, ameazados polas treboadas que viñan de San Mamede corremos lixeiros ao cole a facer difetentes obradoiros e coñecer ese espazo creado dentro do marco do Proxecto de Biodiversidade inclusiva e baixo o amparo das ESCOLAS AZUIS que nos puxo en contacto co IES de Rianxo, xa que somos as dúas escolas neste marco.

Dígocho eu: Animais ecosistema de auga doce

Imaxe
  Neste post deixamos algúns dos vídeos do alumnado no que se traballaban o vocabulario específico dos animais do ecosistema de auga doce, para intentar fixar as formas galegas e eliminar castelanismos. Esta foi a nosa pequena contribución dende a materia de Lingua Galega ao proxecto da charca no centro, no marco do Proxecto de Biodiversidade Inclusiva que organizan Bioloxía e EPV e que desenvolvemos durante todo este curso en 1º ESO no IES Lagoa de Antela.

Plantas que curan ou protexen

Imaxe
  Na   noite de san Xoán  ou do   Lume Novo,   a noite do día   23 ao 24 de xuño , e coincidindo co solsticio de verán, celébrase unha das festas antropoloxicamente máis importantes en Galicia.  Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de san Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas etc. Daquela o no noso alumnado que este curso xa anda coas mans na horta vai facer a seguinte tarefa:  REPORTAXE DE INVESTIGACIÓN FAMILIAR: AS HERBAS QUE CURAN OU PROTEXEN :  Vídeo-reportaxe/entrevista na que se expliquen cales son os ritos da noite de san Xoán da familia, se os hai. E aproveitamos esta ocasión para falar de plantas ou herbas que curan ou protexen. Se pode ser dando un pequeno paseo recoller as herbas e ir contando para que se usaba cada unha. Imos deixar por aquí un reprodutor dos vídeos da ...

DA HORTA Á MESA

Imaxe
Este curso 2023-2024 o patio interior do edificio de FP Básica deu un xiro e o profe Iván Fernández, xunco co seu alumnado de 1º, decidiron desfacerse do mato que cubría o patio e facer unha horta fermosísima na que cultivan verduras e froitas que empregan nos seus pratos. Así quedou:   Por este motivo decidimos poñer en marcha un proxecto educativo no que se implican as familias e o alumnado de 1º da ESO e que chamamos DA HORTA Á MESA. Nun primeiro momento o alumnado visitou a horta para coñecer que alimentos temos alí. E coa axuda de Iván fómonos familiarizando con todos. Nun segundo paso o alumndo fixo unha investigación sobre un alimento da horta que presentamos nas vidreiras da horta do cole para que toda a comunidade saiba que temos plantado. Grazas a Lucía Parente, a profe de bioloxía, que nos botou unha  man coas cuestións máis técnicas. ficha da horta de Loli Cid O terceiro paso foi facer unha pequena investigación familiar e entrevistar as avoas/avós para...

NÓS TAMÉN COCIÑAMOS II. DA HORTA Á MESA

Green Illustration Vegetable Page Border de Loli Cid

SEMANA EUROPEA DA ARTESANÍA

Imaxe
  A colaboración co Proxecto de biodiversidade inclusiva ofreceunos a oportunidade de que o alumnado participara grazas a unha axuda da Unión Europea, a Artesanía de Galicia e ao propio concello de Xinzo en varios obradoiros de cestería (alumnado de 1º e 3º ESO) e outro de alfarería (4º ESO). Fantástico traballo e semana ao grande no cole con meios locais e autonómicos que se fixeron eco da actividade. OBRADOIRO DE BARRO EXPOSICIÓN DE ALFAREIROS DA ZONA  OBRADOIROS DE CESTERÍA

CESTERÍA: EXPOSICIÓN

Imaxe
Es mes de marzo montamos a exposición de cestas da comarca grazas ao traballo de investigación do alumnado de 1º ESO e á colaboración das familias.  Xa está montada, grazas a Lucía e Horacio, os docentes de Bioloxía e EPV que dirixen o Proxecto de Biodiversidade inclusiva e co cal colaboramos todo o curso encantadas.  

ATLAS DA LIMIA: ETNOGRAFÍA E A CESTERÍA NA LIMIA

  Novo tema de estudo para o noso Atlas da Limia Pequeniña e para conectar co proxecto de Biodiversidade sostible o alumnado de 1º ESO nas materias de Lingua, Bioloxía e EPV. Aquí queda a ficha de traballo inicial e a idea sería facer unha exposición coas pezas se as familias permiten que o alumnado traia as pezas ao centro. Post Instagram Descuentos Black Friday Collage Beige de Loli Cid