Plantas que curan ou protexen

 Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébrase unha das festas antropoloxicamente máis importantes en Galicia.

 Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de san Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas etc.

Daquela o no noso alumnado que este curso xa anda coas mans na horta vai facer a seguinte tarefa: 

REPORTAXE DE INVESTIGACIÓN FAMILIAR: AS HERBAS QUE CURAN OU PROTEXEN:  Vídeo-reportaxe/entrevista na que se expliquen cales son os ritos da noite de san Xoán da familia, se os hai. E aproveitamos esta ocasión para falar de plantas ou herbas que curan ou protexen. Se pode ser dando un pequeno paseo recoller as herbas e ir contando para que se usaba cada unha.


Imos deixar por aquí un reprodutor dos vídeos da rapazada d e3º e 1º ESO.



Grazas unha vez máis ás familias pola súa implicación.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

MAPA XINCANA RIANXO-ANTELA