Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xerais

VISITA EVA MEJUTO

Imaxe
 Abril comezou coa visita da escritora EVA MEJUTO . Veu ao centro falar un chisco de memoria histórica xa que o alumnado leu  leran Memoria do silencio ou A ladroa da biblioteca de Meirás .

CANDIDO PANIAGUA: 48 HORAS

Imaxe
O  venres 5 de decembro, Cándido Paniagua volveu ao seu IES, da man da nosa xefa de estudos, Ana Escudera, profesora do escritor na súa etapa no centro. Foi un verdadeiro pracer escoitalo falar dos segredos da súa obra: 48 horas, lectura que enganchou ao noso alumnado de 2º da ESO, que lle tiñan un montón de preguntas gardadas sobre a historia da novela. Tamén nos contou en primicia que está a piques de publicar outra novela, para adultos desta vez, pero que tamén ten pensado seguir publicando para os adolescentes. GRAZAS POR TODA A XENEROSIDADE E POR ESA CALMA E AMOR POLA ESCRITA QUE LLE TRANSMITICHES AO ALUMNADO.                                                     

VISITA DA ESCRITORA RAQUEL FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

Imaxe
 Este luns 26 de maio visitou o IES Lagoa de Antela Raquel Fernández Fernández , acompañada polo noso comercial da Editorial Xerais que sempre nos ofrece algunha actividade para que o alumnado se achegue aos escritores e escritoras dos libros que len. Neste caso foi o alumnado de 3º da ESO os que charlaron activamente coa escritora de I`m Obelix , unha obra necesaria para que todos coñezamos de primeira man o sufrimento dos nenos e nenas que sofren acoso na escola. Novela realista e escritora moi empática que estaremos encantada de volver ter no noso centro.

VISITA EVA MEJUTO

Imaxe
O día 15 de marzo Eva Mejuto a través da Editorial Xerais visitou o noso centro con motivo da súa obra 22 segundo .