VISITA DA ESCRITORA RAQUEL FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
Este luns 26 de maio visitou o IES Lagoa de Antela Raquel Fernández Fernández, acompañada polo noso comercial da Editorial Xerais que sempre nos ofrece algunha actividade para que o alumnado se achegue aos escritores e escritoras dos libros que len.
Neste caso foi o alumnado de 3º da ESO os que charlaron activamente coa escritora de I`m Obelix, unha obra necesaria para que todos coñezamos de primeira man o sufrimento dos nenos e nenas que sofren acoso na escola.
Novela realista e escritora moi empática que estaremos encantada de volver ter no noso centro.
Comentarios
Publicar un comentario