Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta tradición

FOLIADA DAS LETRAS

Imaxe
 Este 2025 as Letras Galegas foron dedicadas ás cantareiras e pandereteiras para visibilizar o papel da muller como transmisora do noso patrimonio inmaterial entre outros motivos. Sen dúbida a música tradi está máis de moda ca nunca entre os artistas galegos de hoxe, non só as Tanxugueiras, Fillas de Casandra ou Xabier Díaz, senón tamén artistas coma os que visitaron o noso centro, por exemplo: Xisco Feijoo ou Mondra, manteñen viva a nosa tradición adaptándoa cada un dun xeito singular e único. No noso IES son moitos os alumnos/as que se dedican no seu tempo de lecer a cantar ou tocar, xa que a Vila conta con conservatorio e escola de gaitas como dous dos varios axentes dinamizadores da cultura na vila. As nosas pandereteiras, dende as pequenas de 1º ESO ata as rapazas de Bacharelato: Mencía, Nía, Aldara, Naila, Daniela, Antías, Sandra, Iria e Estela foron as protagonistas da Foliada das Letras tocando e interpretando na praza Maior de Xinzo de Limia as cantigas que recolleu o alu...

CONCERTO DIDÁCTICO DE XISCO FEIJOÓ

Imaxe
  Grazas á nosa coordinadora territorial Manoli Maseda , este mes de marzo puidemos disfrutar do bo facer de Xisco Feijoó , que actuou no IES Lagoa de Antela para o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de BAC. Grazas ao Gabinete de Normalización Lingüística por ofrecernos esta actividade financiada pola consellería porque a rapazada aproveitou a xornada ao máximo e tamén puido tocar cun dos grandes da nosa música tradicional galega.

ENTROIDO

Imaxe
  ENTROIDO. PANTALLAS DE XINZO DE LIMIA O entroido na web de Turismo da Xunta, espectaculares fotos A pantalla. Telemiño O Entroido no programa Alalá   CANTO SABES SOBRE AS MÁSCARAS GAELGAS? Cargando… Desde o CEIP Emilia Pardo Bazán chéganos este vocabulario do Entroido. A ver cantas palabras adiviñades? (recuperado de Aulas Galegas)