MÚSICA GALEGA
11/09/2023
Pola incomodidade que supón seguir publicando nunha páxina de blog, desde o EDLG do IES Lagoa de Antela decidimos converter a páxina en blog porque así é moito máis doado buscar polas etiquetas e escoitar a música que queirades.
Premede na ligazón e boa viaxe musical.

13/09/2023
Esta é a primeira semana deste novo curso e comezamos cun tema con moita enerxía e para seguir bailando como seguro que todos e todas fixestes neste verán en todas esas festas ás que dixestes ir.
Bo curso a todo o alumnado e o profesorado
20/6/2023
Achégase a noite de San Xohán e son moitos os ritos ligados a esta noite, todos eles purificadores e moitos contra o mal de ollo. Por iso deixo para todos vós este tema da Banda da Loba que leva por título "Cobiza".
Nesta liña tamén temos o tema de "Figa" das nosas Tanxugueiras
Unha aposta máis lúdica e infantil a de Uxía Lambona e a Banda Molona.
23/02/2023
Para escoitar no canto de ler os versos de Rosalía unha escolma de máis de 50 temas de diferentes artistas que se inspiran na nosa escritora para facer a súa música. Disfrutade deste día de rosalía.
16/02/2023
MÚSICA PARA ADOLESCENTES
Entramos na fin de semana grande do Entroido na comarca da Limia e vimos de coñecer a través de Aulas Galegas o traballo de Leticia Oubiña Mariño na súa web Prolingua, na que nos deixa unha interesante recompilación de música para a rapazada dos nosos IES. Xa que estamos de festa, MÚSICA!!!
24/10/2022
A semana derradeira antes do Samaín deixamos algunha música que nos acompaña nestes días.
A Santa Compaña, RUxe-Ruxe
Santa Compaña, Astarot
O Lobicán, Ruxe-Ruxe
Uxía Lambona e a Banda Molona - O Samaín
"Brinca Vai!": No Samaí
21/10/2022
Canta novidade, este venres SÉS sorprendeunos co primeiro traballo do seu novo traballo.
Na súa liña de muller cunha denuncia de todo o que lle parece inxusto na nosa sociedade.
19/10/2022
Como andamos a traballar a lírica medieval que tal se escoitamos os temas tan actuais que fixo Laura LaMontagne & PicoAmperio coa letra dos nosos trobadores.
27/09/2022
Nesta xanela que nace este curso 2022-2023 queremos compartir e dar a coñecer tanta música que se está a facer en Galiza e en galego.
Imos comezar cun recurso ben lindo de Xohan Curiel sobre a lírica medieval que podedes escoitar no Portal da Lingua Galega.
Aí vai unha mostra
27/09/2022
Tamén temos que dar hoxe unha mala nova. O grupo SondaRua anuncia a súa retirada indefinida dos escenarios despois de tantas horas de temas emotivos e cheos de forza.
Os seus temas seguiran poñendo música ás nosas clases coma este que aquí vos deixamos homenaxe a Rosalía de Castro.
Comentarios
Publicar un comentario