Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta implicación familiar

FESTA DE SAMAÍN

Imaxe
 Este curso o día 3º de decembro festexamos a primeira festa do calendario cun traballo multidisciplinar que supuxo a participación de distintas áreas (Inglés, Plástica, FPB Cociña, Galego) e a colaboración de máis de 100 familias. Desde o departamento de plástica fixeron o  tradicional concurso de cabazas :     Dende o departamento de Lingua Inglesa impulsouse un concurso de larpeiradas terroríficas que só foi posible coa colaboración das familias do noso alumnado e a coordinación da nosa compañeira Ana Iria .     A degustación das viandas só foi posible coa colaboración do profesorado e alumnado de FPB I e II que serviron a todo o alumnado e profesorado que quixo degustar estes manxares tan arrepiantes. Por último neste día aproveitamos para dar lectura aos textos gañadores do concurso de microrrelatos de Samaín, Organizado polo EDLG e o departametno de Lingua Galega , da man dos seus autores, Laura e Mateo.

DA HORTA A MESA II

Imaxe
 Xa están chegando as receitas do alumnado de 1º da ESO, outro ano máis as familias comparten a comida típica que podemos facer en Galicia cos produtos da horta. Este curso, dada a diversidade cultural do noso alumando, imos achegarnos a cociñas doutros países. VÍDEORRECEITAS PODCAST  DAS AVOAS FALANDO DAS HORTAS Loli Cid · HORTAS DAS AVOAS

Recollidada de Cantigas Populares da Limia

Imaxe
O noso alumnado, as familias e os maiores do centro de día da vila de Xinzo poden estar orgullosos de axudar a que o noso patrimonio inmaterial siga sendo obxecto de estudo e se recompile para que as xeracións posteriores poidan disfrutar da memoria e a cultura do noso pobo. Agradecida polo traballo e o esforzo das familias. PREME PARA VER AS LETRAS COMPLETAS Loli Cid · Letras Galegas 2025: Cantigas recollidas na Limia

Castellanos de Castilla

Imaxe
A nosa alumna Gabriela Lama, despois de ler "Castellanos de Castilla" de Rosalía de Castro decidiu investigar e preguntar a súa avoa porque tivo un irmán que pasou por eses duros traballos aos que ían os galegos por ver de gañar algún diñeiriño.

VÍDEOS/AUDIOS DAS FAMILIAS ROSALÍA VIAXEIRA 2025

Imaxe
Agradecer a participación a todas as familias qeu quixeron celebrar conosco o Día de Rosalía este ano 2025. É unha marabilla escoitar os versos da poetisa en tantas voces. Gran traballo.  Isto é unha lista de vídeos se queredes ver o voso buscádevos na esquina superior dereita. Disfrutade da poesía!!! VÍDEOS AUDIOS Loli Cid · Rosalía viaxeira III. As familias cantan

ROSALÍA VIAXEIRA III, AS FAMILIAS CANTAN

Imaxe
  O mes de febreiro é o mes de Rosalía de Castro , a nosa escritora máis popular e para iso abonda con fixarse no seu primeiro libro de  Cantares gallegos .  Este curso é o punto final ao proxecto da Rosalía Viaxeira . Primeiro foron os nosos alcaldes e alcaldesas, logo foron os comerciantes da vila e este curso, como non podía ser doutro xeito, as protagonistas son as familias. OBXECTIVO Poñer en valor a figura e obra de Rosalía de Castro. Implicar as familias no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumnado. TAREFA 1- Conseguir que distintas persoas da familia reciten un poema de Rosalía de Castro, preferiblemente de  Cantares Gallegos . Para iso pide o poema á túa profesora, explicarache onde podes cambiar de voz para recitar. 2-  Grava cada unha das persoas nun arquivo de voz diferente . Asegúrate de que o micro está cerca e o volume é axeitado. E sube todos os arquivos a este glosario co teu nome como concepto. Recorda poñerlle nome a cada audio para saber...

AS FAMILIAS CONTAN II

  Podcast das historias de Samaín  Este curso 2024-2025 as familias do alumnado de 1º e 3º da ESO volveron colaborar co centro na recollida de patrimonio oral e botáronnos uns contos que agora compartimos na radio do IES Lagoa de Antela. Mouros, mouras, lobos, ánimas e demais personaxes da nosa literatura popular protagonizan estas historias. Grazas a todos por colaborar. VISITA A RADIO DO IES PARA ESCOITAR AS HISTORIAS

MAGOSTO

Imaxe
 EF, FPB de cociña e alumnado de 1º de BAC coordinan as viandas e as actividades para celebrar o magosto. Como novidade este curso, as familias estiveron convidadas a pasar a xornada connosco.          

Plantas que curan ou protexen

Imaxe
  Na   noite de san Xoán  ou do   Lume Novo,   a noite do día   23 ao 24 de xuño , e coincidindo co solsticio de verán, celébrase unha das festas antropoloxicamente máis importantes en Galicia.  Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de san Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas etc. Daquela o no noso alumnado que este curso xa anda coas mans na horta vai facer a seguinte tarefa:  REPORTAXE DE INVESTIGACIÓN FAMILIAR: AS HERBAS QUE CURAN OU PROTEXEN :  Vídeo-reportaxe/entrevista na que se expliquen cales son os ritos da noite de san Xoán da familia, se os hai. E aproveitamos esta ocasión para falar de plantas ou herbas que curan ou protexen. Se pode ser dando un pequeno paseo recoller as herbas e ir contando para que se usaba cada unha. Imos deixar por aquí un reprodutor dos vídeos da ...

NÓS TAMÉN COCIÑAMOS II. DA HORTA Á MESA

Green Illustration Vegetable Page Border de Loli Cid

Contos de defuntos

Hoxe compartimos convosco as historias das nosas familias. O alumnado do IES Lagoa de Antela recolleu contos e historias do Día de Defuntos para a nosa radio. Agora xa podedes escoitalas todos e todas. Loli Cid · Contos de Defuntos Máis historias de Samaín. Loli Cid · Historias de Samaín II

ETNOGRAFÍA: A CESTERÍA NA COMARCA DA LIMIA

  Este curso engadimos un tema ao noso Atlas da Limia Pequeniña para vincular o porxecto de Lingua Galega co proxecto de Biodiversidade Sostible que desenvolve o alumnado de 1º ESO en EPV e Bioloxía. Post Instagram Descuentos Black Friday Collage Beige de Loli Cid

NÓS TAMÉN COCIÑAMOS

Imaxe
Un ano máis o proxecto Nós tamén cociñamos déixanos agasallos fantásticos. Este proxecto máis alá de traballar o léxico das comidas e dos alimentos en xeral, implica as familias no proceso de ensinanza aprendizaxe. A veces as receitas son conxuntas, a veces a familia cociña e o alumnado explica e os máis valentes fano soíños: cociñan, gravan e deixan todo limpiño. A actividade ten sempre moi boa acollida e todos e todas nos queren amosar o ben que se lles dá facer a comida.  Aí vai un reprodutor cuns cantos exemplos.