Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta patrimonio

TALLER DE ARQUEOLOXÍA

Imaxe
  Visita da doutora en Arqueoloxía pola UVI,  Lucía Rodríguez Álvarez . A doutora e profesora da universidade de complutense de Madrid achegouse á súa terra para varias cousas: demostrar que é posible espallar contidos científicos en galego, que unha muller pode ser doutora e liderar escavacións arqueolóxicas e investigacións históricas importantes para a humanidade e que ademais o fai con cariño cara os receptores que o pasaron xenial no taller. Grazas a Miguel o noso compañeiro de historia por contactar con ela e facer posible gozar do seu coñecemento no marco do PIE de igualdade, onde tratamos de fomentar e visibilizar o traballo de mulleres nun mundo onde os que destacan son os homes, pero estamos vendo que elas tamén ocupan un lugar relevante.

PROXECTO MEMORIA VIVA

Imaxe
 O alumnado de 2º ESO coa súa profesora Chus Prol estivo facendo este trimestre un proxecto de patrimonio inmaterial que chamaron MEMORIA VIVA. O alumnado tivo que conversar cos avós e avoas e preguntarlle por  ditos, oracións, lendas, contos, refráns, romances, coplas, cantigas de arrolo e moito máis. Sen dúbida foi unha ocasión única para poñer en valor a sabedoría dos maiores e prestar atención aos nosos conversando con eles do que máis lles gusta.

A CASA TRADICIONAL GALEGA

Este curso o alumnado de 2º da eso estivo facendo un traballo de campo sobre as partes da casa tradicional galega e saíu unha chea de vocabulario interesante. Aquí deixamos os primeiros traballos achegados pola profesora Rosa Alonso.

ROTEIRO DAS CANTIGAS TRADICIONAIS DA COMARCA DA LIMIA

Imaxe
Neste mapa de Google podedes atopar un pequeno roteiro para escoitar as cantigas tradicionais galegas que recolleu o alumnado do IES Lagoa de Antela. Grazas ó inmenso traballo do profesor de plástica, Horacio, e a financiación do Concello de Xinzo de Limia, hoxe locen fermosas nas vidreiras dos lugares que aparecen marcados no mapa cunha nota musical azul. Séguelle a pista e bótate a cantar!! Este ano as Letras Galegas visibilizan a importancia dun legado que moitas veces estivo de portas para dentro, coma as súas protagonistas.  Grazas a todas as familias da comarca da Limia que participaron no proxecto e fixeron posible que teñamos tantas cantigas, e as que aínda nos están a chegar e non puidemos imprimir!!

Recollidada de Cantigas Populares da Limia

Imaxe
O noso alumnado, as familias e os maiores do centro de día da vila de Xinzo poden estar orgullosos de axudar a que o noso patrimonio inmaterial siga sendo obxecto de estudo e se recompile para que as xeracións posteriores poidan disfrutar da memoria e a cultura do noso pobo. Agradecida polo traballo e o esforzo das familias. PREME PARA VER AS LETRAS COMPLETAS Loli Cid · Letras Galegas 2025: Cantigas recollidas na Limia

CANTAREIRA: MATILDE DE SAN PEDRO DE LAROÁ

Nesta entrada do noso blog deixamos as cantiga recollida spor Hugo de 2º da ESO, que foi visitar á señora Matilde na súa casa museo en San Pedro de Laroá e viñeron fascinados pola súa sabedoría e xenerosidade. Son unhas cantigas ben especiais que deixamos para que poidades escoitar e cantar. NANA escrita pola cantareira e corista  LETRA I o meu meniño ten sono e non se quere durmir, cérranselle os olliños e xa nonos pode abrire. Durme meu meniño durme, que túa mai logho vén-e que foi lava-los cueiros ó regheiro de Reghene. Durme anxiño do ceo, que te quero ver durmire cuises olliños abertos pareces un querubín-e. Durme meu carrapuchiño túa nai ten que faghere; teño que fia-lo liño, ir lavare e cosere. Cala meu meniño cala cala deixa de chorare, que túa nai logo chega que xa acabou de lavare. Por fin cerrach´os olliños, estabas moi cansadiño. descansa meu corazón e soña cos teus anxiños. DESAFÍO LETRA COMPLETA Ei vos vai o desafío mozas do pano marelo. Hei vos vai o desafío pola pun...

WEB EN OBRA SOBRE A CASA TRADICIONAL GALEGA

Imaxe
Preme na ligazón do debuxo para ir visitar a web do alumnado de 2º da ESO. Descubrirás todo un mundo e un patrimonio que esmorece cos nosos maiores.