Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Léxico

A CASA TRADICIONAL GALEGA

Este curso o alumnado de 2º da eso estivo facendo un traballo de campo sobre as partes da casa tradicional galega e saíu unha chea de vocabulario interesante. Aquí deixamos os primeiros traballos achegados pola profesora Rosa Alonso.

Dígocho eu: Animais ecosistema de auga doce

Imaxe
  Neste post deixamos algúns dos vídeos do alumnado no que se traballaban o vocabulario específico dos animais do ecosistema de auga doce, para intentar fixar as formas galegas e eliminar castelanismos. Esta foi a nosa pequena contribución dende a materia de Lingua Galega ao proxecto da charca no centro, no marco do Proxecto de Biodiversidade Inclusiva que organizan Bioloxía e EPV e que desenvolvemos durante todo este curso en 1º ESO no IES Lagoa de Antela.

LÉXICO: A ROUPA

Imaxe
 O alumnado de Rosa Alonso artellou este vídeo onde podemos aprender os nomes das pezas de roupa en galego. Noraboa polo esforzo rapaces.

NADAL TIC

Imaxe
 Un curso máis o noso Nadal pasa por ligar o estudo do vocabulario propio destas datas coas novas tecnoloxías e por iso este ano tocou a gamificación. Grazas ao Genially e ao Canva deseñamos unha Oca do Nadal e as tarxetiñas para que a rapazada puidera xogar. FICHAS DE XOGO

NÓS TAMÉN COCIÑAMOS

Imaxe
Un ano máis o proxecto Nós tamén cociñamos déixanos agasallos fantásticos. Este proxecto máis alá de traballar o léxico das comidas e dos alimentos en xeral, implica as familias no proceso de ensinanza aprendizaxe. A veces as receitas son conxuntas, a veces a familia cociña e o alumnado explica e os máis valentes fano soíños: cociñan, gravan e deixan todo limpiño. A actividade ten sempre moi boa acollida e todos e todas nos queren amosar o ben que se lles dá facer a comida.  Aí vai un reprodutor cuns cantos exemplos.