Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

LECTURA E TICs

Imaxe
Na terceira avaliación tocou o xénero dramático e o alumnado de 1º ESO fixo lectura das comedias Atranco no banco e O achado do Castro de Manuel Núñez Singala . Estes on os seus booktrailers Traballo Manuel Rodríguez Dacal Traballos Jorge Quevedo Tamén lemos narrativa, como Maxia de Pedra ou Tonecho de Rebordechao Traballo Saúl Nogueiras

VISITA PAULA CARBALLEIRA

Imaxe
  O venres 22 de maio visitou o IES Lagoa de Antela a contacontos, actriz, escritora...                                     Paula Carballeira Algúns momentos da contada...

HISTORIA DA LINGUA GALEGA

O alumnado de 1º ESO B, coa axuda da súa profesora, Rosa Alonso, estivo a traballar a historia da nosa lingua a través das infografías. Este foi  o resultado:

VISITA DE XABIER DOMÍNGUEZ

Imaxe
 Para celebrar o Mes das Letras o autor de Maxia de Pedra visita o seu antigo instituto e conversa da máxia da escritura cos nosos alumnos e alumnas.

Festexando as Letras de Florencio Delgado Gurriagarán

Imaxe
O alumndo do IES Cidade de Antioquía e do IES Lagoa de Antela botáronse á rúa para celebrar con todos os veciños da vila de Xinzo de Limia as Letras Galegas deste ano. Os versos de Florencio Delgado viñeron dereitiños dos bacelos de Córgomo, Valdeorras, á chaira da Limia para encher de verbas lindas os beizos de rapazada e adultos que se ofreceron a recitar os versiños do noso homenaxeado. Tras unha mañá de entrevistas para o programa Aquí A Limia os nosos reporteiros conversaron con distintas persoas para demostrarnos que a lingua galega nos une a todos e todas nesta festa que nos enche de orgullo. Parabéns a aqueles que participastes e colaborastes co noso alumnado.  O alumnado dos nosos centros tamén recitou algúns versos de Florencio no Instituto. Mil grazas aos que participastes!!!

VISITA DO LEO ARREMECAGHONA

Imaxe
  Este xoves 12 de maio, no mes das Letras Galegas 2022 o alumnado do IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía en cadansúa sesión tiveron o pracer de achegarse a historia da nosa poesía desde o plantexamento tan diferente e atractivo que propón o docente e artista Leo Arremecaghoná . Agradecidas que estamos de contar co seu espectáculo e o seu saber no eido da poesía. Así comezou a visita

DORMENTE

 O alumnado de 2º da ESO pasou un intre divertido con esa princesa tan pouco princesa!! E puideron reflexionar sobre a anacronía duns reis sobreprotectores e mandaricas ou sobre a liberdade de escolla da muller nunha sociedade un pouco máis moderna. Grazas a Raquel Castro por darlle unha volta ao clásico de Disney e facernos pensar un chisco. Traballos das exposicións que fixeron sobre a obra de teatro as alumnas de 2º ESO B María Aitana e Antía Sandra

VIDEOPOEMAS

Imaxe
 O alumnado de 2º da ESO C e D tamén celebrou o mes da poesía con recitado e edición de vídeo na que deixaron voar a imaxinación para compoñer os seus traballos e solidarizarse coa dor do pobo ucraíno.