Festexando as Letras de Florencio Delgado Gurriagarán


O alumndo do IES Cidade de Antioquía e do IES Lagoa de Antela botáronse á rúa para celebrar con todos os veciños da vila de Xinzo de Limia as Letras Galegas deste ano.

Os versos de Florencio Delgado viñeron dereitiños dos bacelos de Córgomo, Valdeorras, á chaira da Limia para encher de verbas lindas os beizos de rapazada e adultos que se ofreceron a recitar os versiños do noso homenaxeado.

Tras unha mañá de entrevistas para o programa Aquí A Limia os nosos reporteiros conversaron con distintas persoas para demostrarnos que a lingua galega nos une a todos e todas nesta festa que nos enche de orgullo.

Parabéns a aqueles que participastes e colaborastes co noso alumnado. 


O alumnado dos nosos centros tamén recitou algúns versos de Florencio no Instituto.

Mil grazas aos que participastes!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO