ROSALÍA NA TÚA MAN

 Febreiro é un mes intenso de emocións sempre porque o noso día a día vese envolto polos versos de Rosalía de Castro de cara ao día 23, para poder render homenaxe como merece á nosa poetisa.

Este curso nace o proxecto Rosalía Viaxeira, como primeira actividade, coordinada polos EDLG do IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquía e coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a rapazada sairá a pegar uns paneis pola vila onde a cidadanía poderá conectar coa poesía da escritora a través da súa música. Deste xeito, o que non queira ler os versos de Rosalía pode cun clic no seu móbil escoitar a versión musical que lles ofrecemos a través dun código QR.

Pareceunos unha idea exitosa ligar tecnoloxía e música para facer rexurdir os versos da nosa escritora e que puideran chegar a un público amplo. 

Os paneis vanse colocar:

  • Concello
  • Biblioteca - Casa da Cultura
  • Centro de Saúde
  • Praza de Abastos, mercado
  • Praza maior
  • Rúa 2 de Maio: Supermercado Gadis
  • Supermecado Eroski
  • Centro de Saúde
  • Estación de Bus/ Parada de taxi
  • Zona vella: Igrexa Nova
  • Restaurante A Romántica
  • Colexio Rosalía de Castro
  • ...
Hai que engadir que esta caricatura tan divertida que aparece nos carteis foi idea de Carme Gómez e levou ao papel, de forma maxistral, Laura Martínez de 3º ESO A. Noraboa ás dúas.

Foi unha marabilla preparar estes paneis só por ver a cantidade de versións musicadas que temos dos versos da escritora. Seguro que moitos dos que estades a ler coñecedes outras versións e convidámosvos a que as subades ás redes sociais o día 23 para para celebrar o Día de Rosalía. Foi difícil escoller pero todo non cabía.

Copia de 24 de febreiro DÍA ROSALÍA DE CASTRO de Loli Cid


ACTIVIDADES PARA A EXPOSICIÓN NO IES

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

MAPA XINCANA RIANXO-ANTELA