REPORTEIR@S VIAXEIROS POLA GALICIA DE DEL RIEGO.

 A obra de Galicia do escritor das Letras 2023, Francisco Fernández del Riego, serviunos de inspiración para montar o programa da TV Antela das Letras Galegas neste ano.

Así, emulando ao personaxe da obra, Ramón Sanfiz, fomos percorrendo Galicia cos nosos reporteiros e reporteiras, pero andaban un chisco perdid@s e precisaron de axuda da xente para dar co lugar que querian visitar.

Agradecer a todo o alumnado participante e a veciñanza de Xinzo a colaboración para que a nosa cultura un ano máis saíra á rúa.

Este vídeo só é unha pequena mostra de todas as entrevistas que fixemos o día 16 de maio.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO