AQUÍ TAMÉN SE FALA


O IES Lagoa de Antela participou este curso, durante o Nadal e na segunda avaliación, na campaña de difusión da lingua galega entre os establecementos públicos que organiza o IES Eusebio da Garda en Coruña.

Esta campaña de dinamización da lingua que convoca a distintos artistas en defensa da nosa lingua, tamén empodera o alumnado de 150 centros públicos galegos como axente da nosa cultura levándoa alí a onde é ben recibida. 

Tanto comerciantes coma entidades públicas de toda a comarca da Limia recibiron o noso alumnado e deixáronlle colocar os carteis que son todo un orgullo para nós porque a mensaxe é única: "AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO".





























Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO