ADEUS A POETA LUZ FANDIÑO


 No día do pasamento da poeta e activista Luz Fandiño, compartimos o tema no que a define a cantautora SES.





Da canle de youtube de ACORDEIRETA: "Poemas da nosa ben querida Luz Fandiño ("Escolma de poemas", 1950-2010 e "Berro herdado", 2017). Unha muller loitadora, valente, insubmisa e xenerosa que ilumina sempre o noso camiño coa súa sabedoría, memoria sen fin e alma moza. Cada verba súa é unha ensinanza para nós. 
Gústanos facer as homenaxes en vida. Viva Luuuuz!!!!"


De Nós TV: "A artista e música María Xosé Silvar (Sés) e a poeta Luz Fandiño, conversan sobre a forza e actualidade da obra de Rosalía de Castro. 
 Desmontando o tópico imposto da Rosalía "miña xoia" e "chorona", descubrimos a importancia da poeta galega e universal nas biografías destas dúas importantes figuras da cultura galega actual. 
O Rabelo, coa forza do seu rap regueifeiro, encargouse de pór a banda sonora deste programa imprescindíbel. Este programa non tería sido posíbel sen a colaboración do Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, o Concello de Padrón, a Casa Rosalía e Illa Bufarda."

 

De Nós TV: Entrevista a Luz Fandiño



Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO