MONTE VIVO: TRANDEIRAS

Este curso a compañeira Rosa Alonso enleounos nun Proxecta Monte Vivo ben bonito. 

A primeira actividade que realizamos foi co alumnado de 2º da ESO, que tivo a sorte de pasear polos montes de Trandeiras ao castelo de Pena da man do Forestal Santos, un libro aberto de sabedoría.

Falounos da orixe do Mosteiro, de orientación no monte, da contaminación, da comarca da Limia, dos bosques terapéuticos, de lendas, de toponimia, de árbores (as súas doenzas, as árbores propias da zona, as árbores con propiedades medicinais), ensinounos unha fonte romana e quen sabe cantas cousas máis.

Neste vídeo dun dos alumnos de 2º ESO C, Jeremy Oloya, compartimos a experiencia con todos vós.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO