O alumnado de 1º BAC fixo uns documentais na materia de Lingua Galega, na que poñen no punto de mira temas como: a crise da vivenda, a vida de antes fronte a de agora, o entroido ou a problemática de Altri.
O noso alumnado, as familias e os maiores do centro de día da vila de Xinzo poden estar orgullosos de axudar a que o noso patrimonio inmaterial siga sendo obxecto de estudo e se recompile para que as xeracións posteriores poidan disfrutar da memoria e a cultura do noso pobo. Agradecida polo traballo e o esforzo das familias. PREME PARA VER AS LETRAS COMPLETAS Loli Cid · Letras Galegas 2025: Cantigas recollidas na Limia
Este curso imos actualizar os datos de uso das linguas que conviven no centro e para iso precisamos que todo o alumnado responda a seguinte enquisa. Ollo, lembra de enviar as túas respostas. Grazas por colaborar. PREME AQUÍ
O alumnado de Bac está traballando cos poemas da nosa escritora e déixanos xoias coma as que temos nestes vídeos nos que recitan os versos da nosa Rosalía de Castro. Tamén o alumnado do reforzo de Rosa Alonso fixo a súa homenaxe a Rosalía de Castro.
Comentarios
Publicar un comentario