VISITA CELANOVA 2024
O alumnado de 3º ESO do IES LAGOA DE ANTELA, ten a sorte de poder asistir un ano máis ao concerto de órgano no mosteiro de Celanova.
Ademais aproveitamos para visitar a Casa dos Poetas e achegar un chisco máis á figura de Curros, á Biblioteca do IES de Celanova, para coñecer a Celso Emilio Ferreiro e facer un pequeno roteiro pola vila.
Non deixamos tampouco de visitar o pequeno templo de San Miguel, erguido ao carón do penedo de sacrificios celta, como bo mostra de cristianización de ritos pagáns.
Recitados do alumnado e órgano
Comentarios
Publicar un comentario