ASÍ FOI O DÍA DE ROSALÍA NESTE 2023

Nesta entrada quedan organizados os resultados de todas as actividades que este curso se celebraron no IES Lagoa de Antela e nas que colaboraron os departamentos de Linguas, de EPV, Vicedirección, EDLG do noso IES e do Cidade de Antioquía.

ROSALÍA VIAXEIRA

Con esta actividade os alcaldes e alcaldesas da comarca da Limia deron vida á poesía da autora na súa voz e recitaron para todos os veciños e o alumnado algúns dos poemas da autora.


ROSALÍA NA TÚA MAN

Esta actividade xurdiu coa intención de achegar a música de Rosalía á veciñanza ce Xinzo de Limia e aos seus visitantes a través da música dos poemas da escritora. 

Para iso realizouse unha exposición de 14 poemas que con financiación do concello de Xinzo. Logo un grupo de alumnos/as de 2º  e 4º eso pegou en lugares estratéxicos da vila os paneis e ían explicando en que consistía a actividade. Na mesma rúa cando nos atopabamos con xente coñecida ofrecémoslle a posibilidade de escoitar un poema de Rosalía a tan só un clic no seu móbil, xa que con ler os códigos QR dos paneis xa se podía acceder.

Tamén tivemos ocasión de visitar a alcaldesa que lle dedicou ao alumnado unhas palabras de alento na loita pola igualdade e o empoderamento da muller como fixo Rosalía. Elvira foi a que encetou a pegada dos nosos carteis.

 

Rosalía na túa man no IES Lagoa de Antela

O alumnado escoitou a música dos poemas de Rosalía, escolleu o tema que máis lle gustou, creou centóns colectivos escollendo o verso que máis lle gustou da exposición e xogou cos poemas e a súa música facendo un genially por equipos.


Rosalía na man dos artistas do IES

Na aula de Educación Plástica e Visual xogaron coas texturas para darlle forma a Rosalía de Castro e o alumnado de 3º A fixo un retrato da autora que usamos nas actividades deste curso, o gañador foi o de Laura Martínez. 

Gran traballo rapaces




ROSALÍA MUSICAL

O profe de múscia Juan Antonio, argallou unha versión de "Algúns din, miña terra" para cantar co seu alumnado de 2º ESO e celebrar entre todos o Día de Rosalía no centro.

Aproveitamos este acto para ler o manifesto da AELG, recitar poemas e poñer ao alumnado as actividades de Rosalía Viaxeira e Rosalía Políglota.



ROSALÍA POLÍGLOTA

Desde os departamentos de linguas de ambos IES estivemos traballando no tradución do poema que cantaban os rapaces e rapazas co profesor de música.
As linguas ás que traducimos foron: árabe, chino, inglés, latín, portugués, francés, catalán... tendo en conta a diversidade de orixe do noso alumnado e profesorado.














Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

MAPA XINCANA RIANXO-ANTELA