Febreiro é un mes intenso de emocións sempre porque o noso día a día vese envolto polos versos de Rosalía de Castro de cara ao día 23, para poder render homenaxe como merece á nosa poetisa. Este curso nace o proxecto Rosalía Viaxeira , como primeira actividade, coordinada polos EDLG do IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquía e coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a rapazada sairá a pegar uns paneis pola vila onde a cidadanía poderá conectar coa poesía da escritora a través da súa música. Deste xeito, o que non queira ler os versos de Rosalía pode cun clic no seu móbil escoitar a versión musical que lles ofrecemos a través dun código QR. Pareceunos unha idea exitosa ligar tecnoloxía e música para facer rexurdir os versos da nosa escritora e que puideran chegar a un público amplo. Os paneis vanse colocar: Concello Biblioteca - Casa da Cultura Centro de Saúde Praza de Abastos, mercado Praza maior Rúa 2 de Maio: Supermercado Gadis Supermecado Eroski Centro de Sa...
Comentarios
Publicar un comentario