LETRAS GALEGAS 2023: ACTIVIDADES DE CENTRO

 

LETRAS GALEGAS 2023

Para festexar a festa da cultura galega  neste ano 2023 que se dedica ao galeguista Fernandez del Riego decidimos escoller a súa obra de viaxes que leva por título Galicia.



1ª) Actividade: 

CADERNO DE BITÁCORA

Brown Vintage Travel Journal Notebook de Loli Cid



2ª actividade 

 Exposición no centro das viaxes que describe o autor na súa obra Galicia. Escolleremos algún dos espazos porque na obra abrangue a totalidade da nosa terra e faranse descricións en vídeo con efecto croma para levar ao google maps e con fotos e texto sobre un mapa de Galicia físico para expoñer no centro educativo.

Para facer a exposición contamos co traballo do alumnado de Ana Escudero de EPV de 4º da eso que fará un mapa de Galicia e litografías das vilas galegas nas que recollan de forma plástica un elemento que nos traslade de inmediato a ese lugar.

Vídeos Antelanos polo mundo, que popuxo Rosa Alonso ao seu alumnado. Preme para ver

3ª Actividade (Actividade interanual)

REPORTEIROS VIAXEIROS. Seguindo co proxecto do curso pasado do programa de TV das letras na rúa. Faremos un programa de TV Viaxeiros das letras pola vila de Xinzo de Limia.
Haberá como estacións para resolver cuestións sobre os espazos das viaxes que describe Del Riego na súa obra Galicia que nos permitan ao final contar como é esa zona e viaxar pola nosa terra a bordo do Renault que conduce os personaxes da obra do homenaxeado.


4º Actividade: 

Conscurso de lemas a prol do galego
Como non podía ser doutro xeito, centrándonos na faceta máis destacada do autor homenaxeado, o seu amor por Galicia e a súa idoloxía galeguista de labor incansable, este ano o alumnado do IES Lagoa de Antela, ten que deseñar unha campaña de cun lema a prol do Galego.
A mellor mensaxe plasmarase nunha camisola.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

LETRAS GALEGAS 2023: RECURSOS

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES