25 N

 O día contra a violencia de xénero sempre xera un montón de actividades e ideas que pouco a pouco van saíndo adiante.

Este curso no IES Lagoa de Antela comezamos cos grafittis de Shamsa Hasani e rematamos con tatuaxes que lles ensinou a facer o profesorado de Educación Plástica para escribir un lema de denunica ou apoio da situación das vítimas deste problema de falta de respecto cara as mulleres que padecemos na nosa sociedade.

Por un lado, nas titorías o alumnado traballou o tema e estableceu pontes entre a falta de dereitos e violencia en socieades tan dispares como a afgá e a nosa. Os grafittis deixaron ver a dureza da vida desas mulleres pero o alumnado foi quen de verbalizalo finalmente para poñerlle un lema a algúns deles.











Por outro lado, xa tendo en conta a violencia de xénero na nosa sociedade, os rapaces acabaron redactando lemas para tatuarse na súa pel. Foi unha actividade moi chula na que participou por igual alumnado e profesorado e todo o mundo marchou contento cun propósito novo, por exemplo, o meu dicía: "loitando pola liberdade". Fíxome pensar a frase seguro que a máis xente tamén!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO