CORREDORES DE SOMBRAS: LUZ NA MEMORIA Este é un proxecto de investigación sociocultural sobre a época na que trancorre a novela Corredores de sombras de Agustín Fernández Paz. OBXECTIVOS Investigación sobre a nosa historia de comezos do século XX a ver se somos quen de desfacernos das sombras que habitan os corredores da memoria das persoas que padeceron a traxedia da Guerra Civil. Traballar en equipo na procura, selección e interpretación da información. Transmitir de forma oral as conclusións da investigación Entrevistar as familias para conseguir percorrer os corredores da memoria e poñer luz a unha época con tantas sombras. TEMAS DE INVESTIGACIÓN ANTES DA GUERRA CIVIL As Irmandades da Fala O Partido Galeguista A II República en Galicia O Estatuto do 36 A GUERRA CIVIL EN GALICIA Golpe de estado do 36 O ditador, Francisco Franco A falanxe Os caciques Os paseos. Os fusilados. As cunetas As fosas comúns Os exiliados Os Fuxidos A represión cultural. Censura, quei...