O 24 de xaneiro, Ugía Pedreira visita o IES para ofrecer un concerto didáctico a un grupo de 60 alumnos e alumnas dos dous intitutos da vila. Grazas a Noemí por coordinar tanta actividade linda.
Este curso temos moitas aulas nas que vai chagando alumnado de Sudamérica e lonxe de ir aprendendo o galego arrastran a moito alumnado a falarlles castelán. Se a isto sumamos que a comarca, sobre todo a vila cada vez está máis castelanizada... pois iso levounos a poñer en marcha este Proxecto. PARTICIPAS????? Pasos a seguir . 1º) Un alumno/a galegofalante debe buscar un alumno/a non galegofalante e apadriñalo ou amadriñalo. 2º) Para iso debe comunicarllo ao docente de galego. 3º) Cada semana os padriños e madriñas terán un reto, que vai ser ensinarlle pouco a pouco vocabulario e expresións útiles para expresarse en lingua galega. 4º) Ao final da semana ambos alumnos/as deben gravar unha pequena conversa na que se vexa aprendizaxe desa semana. 5º) Os vídeos poden difundirse polas redes sociais propias e ao mesmo tempo deben de enviarse ao correo de normalización para podelos ir xuntando todos na nosa canle de You...
Estrella Gómez, 2º eso B, trata de expresar con debuxos e texto, todo feito por ela, o duro que poden ser os 13 anos, unha idade chea de dúbidas existenciais relacionadas coa identidade.