Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025

Castellanos de Castilla

Imaxe
A nosa alumna Gabriela Lama, despois de ler "Castellanos de Castilla" de Rosalía de Castro decidiu investigar e preguntar a súa avoa porque tivo un irmán que pasou por eses duros traballos aos que ían os galegos por ver de gañar algún diñeiriño.

POESÍA CREATIVA E VANGARDISTA

Imaxe
 O alumnado de 4º eso creou poemas orixinais e creativos con títulos de obras coma o que temos de exemplo. A espera de que a profesora nos mande máis traballiños imos publicando un adianto.

CONCERTO DIDÁCTICO DE XISCO FEIJOÓ

Imaxe
  Grazas á nosa coordinadora territorial Manoli Maseda , este mes de marzo puidemos disfrutar do bo facer de Xisco Feijoó , que actuou no IES Lagoa de Antela para o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de BAC. Grazas ao Gabinete de Normalización Lingüística por ofrecernos esta actividade financiada pola consellería porque a rapazada aproveitou a xornada ao máximo e tamén puido tocar cun dos grandes da nosa música tradicional galega.

Concurso máscaras de entroido

Imaxe
 O tradicional concurso de máscaras de entroido que organiza o departamento de EPVA tivo boa acollida entre o alumnado de 1º e 3º da ESO.

ENTROIDO INTERCENTROS

Imaxe
 Na vila de Xinzo o Entroido é relixión, sen dúbida. Esta actividade une a todos os coles de primaria e de secundaria da vila para facer un desfile único de entroido na véspera da fin de semana grande da nosa festa máis popular. Algunhas das instantáneas do desfile: