Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

REPORTAXE ERMELINDA DO MUÍÑO, CANTAREIRA

Imaxe
  Roi Mellado fixo un traballo completiño dedicado cantiga popular e afondou na voz de Ermelinda do Muíño, unha cantareira de Sarreaus que ao mellor vos soa de ver polo programa de Alalá da TVG. Vídeo Programa Hermelinda do muíño de Roi Mellado Terrados

BOSQUES GALEGOS

 O alumnado de 1º ESO estivo buscando información sobre bosques singulares e máxicos de Galicia. O resultado no seguinte Google Map. Sen dúbida Galicia é un lugar único para gozar do turismo do benestar!!

XOGOS LECTURA

Imaxe
 O alumnado de 3º ESO este curso unha das opcións que usou para avaliar a lectura de libros voluntarios foi a elaboración de xogos de mesa. Estes forman parte hoxe dunha exposición temporal para festexar o Día do Libro e que podedes visitar na nosa biblioteca para inspirarvos. Grazas Rosa por deixalo tan bonito 💓  

POETIZAR A LIMIA

Imaxe
  Este curso o alumnado de 2º ESO saíu para celebrar o día da poesía ás rúas de Xinzo e levaron a cabo unha intervención que consistiu en buscar comerciantes que lles recitaran versos que previamente traballaron na casa. Rosa e Belén acompañáronos ata a vila.