Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2025

PROXECTO RODAMOS II

Imaxe
 Outro curso o alumnado de 4º ESO traballou a edición de vídeo partindo de textos literarios coa súa profesora Carme Gómez. Nerea e Paula presentaron a súa curtametraxe ao concurso de audiovisual das Letras Galegas e resultaron gañadoras. LLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLL Dúas curtametraxes máis, a de Santiago e Guillermo e a de Miguel, Tomás e Sebastián obtiveron tamén un recoñecemento polo seu bo traballo. HUGUILIUS ( Santiago e Guillermo)

LECTURAS VOLUNTARIAS

Imaxe
 Este curso o alumnado que traballou lecturas voluntarias decidiron algúns facer exames orais, podcast, vídeos e mesmo xogos de mesa.

VISITA NORTE DE PORTUGAL

Imaxe
 O alumnado de 2º da ESO, xunto cos docentes: Rosa, Miguel, Julia e Diego, foron de visita a Valença e Monçao. Alí pudieron practicar kaiak no río Miño e achegarse á historia destas vilas fronteirizas facendo un percorrido polas súas rúas e conversando coa xente do lugar.

MICROTEATRO

Imaxe
 Este final de curso foi moi produtivo e divertido. O teatro é un éxito sempre. Como non foi posible no entroido realizar o concurso de microteatro, fixemos agora a final de curso unha dobre convocatoria para o mellor intérprete dramático e para o guión máis orixinal. Para iso o alumnado de 1º ESO D interpretou escenas da obra O achado do castro e o de 1º ESO C escribiu as súas propias pezas para logo interpretar. Aquí algunha obras:

VISITA AO NORTE DE PORTUGAL

Imaxe
 O alumnado de 2º da ESO coa súa profe de Galego e outros profesores que lles imparten clase van de visita á raia portuguesa pero da provincia de Pontevedra. A ocasión será idónea para a inmersión lingüística do alumnado ademais que cursa portugués. A disfrutar destas vilas tan fermosas FOLLETO DA ACTIVIDADE

CONCERTO KIT MOUNT

Imaxe
 Este venres 13 de xuño pudiemos asistir no Cidade de Antioquía a un concerto do cantante Kit Mount. O limiao, de volta ao seu institututo da man de Noemí da Arca da Noe e das súas ex-profesoras, estivo arroupado por alumnado de ambos IES para facer a súa música e no seu galego, o da Limia.

CAMISETAS LETRAS GALEGAS 2025

Imaxe
 Este curso despedimos a unha compañeira que terá que vir de visita e seguir a deseñar camisolas tan orixinais coma a das letras galegas deste curso. Carme Gómez es unha artista!!  Agasallo para as pandereteiras que actuaron no día das letras na praza da vila.  E apoio e compromiso coa lingua por parte do profesorado que sempre loce orgulloso as nosas camisolas.

DA HORTA A MESA II

Imaxe
 Xa están chegando as receitas do alumnado de 1º da ESO, outro ano máis as familias comparten a comida típica que podemos facer en Galicia cos produtos da horta. Este curso, dada a diversidade cultural do noso alumando, imos achegarnos a cociñas doutros países. VÍDEORRECEITAS PODCAST  DAS AVOAS FALANDO DAS HORTAS Loli Cid · HORTAS DAS AVOAS