O resultado do concurso de relatos curtos deste Samaín 2021 foi otorgado a un alumno de 1º ESO e unha alumna de 2º ESO ex aequo . Así de alegres estaban o/as artistas Ambos textos gustaron moito ao xurado. Aquí os tedes para que vós tamén os poidades ler. Brais Conde (1º ESO B) A LENDA DO BURATO DOS MOUROS María era unha nena de Bóveda, un pequeno pobo ao pé do Monte do Castelo. Bóveda era unha aldea fermosa e acolledora, chea de xente, case toda labrega. María tiña 8 anos e era unha nena intelixente e curiosa, á que lle gustaba ler e xogar cos seus irmáns. Un día, a súa nai mandouna ao Monte do Castelo a gardar as vacas. María estaba soa e aburrida. Para pasar o tempo buscou unhas pedras para xogar ás casiñas. Colleu pedras grandes e outras máis pequenas e de todas as cores. Entón, viu uns obxectos brilantes. Achegouse intrigada. Entre as herbas e os caxatos, alí estaban unhas taciñas que parecían de ouro. María alegrouse moitísimo, pero pensou: “terán dono?” Non sab...