Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz foi a lectura común para o alumnado de 1 eso na primeira avaliaciòn. A novela permitiu ao alumnado facer unha viaxe no tempo a través da Arte. Adrián, e artista de gravados e protagonista, merca en Galicia unha casa chea de mostras de gravados prehistòricos, petròglifos , e ademais, cun tesouro agochado no faiado: unha escolma de artistas de gravados do século xvi ao xx. Un deses gravados, A nena da ventá de Dali , cobra vida e comeza a comunicarse co protagonista ata o punto de atrapalo dentro da casa ata q sucumbe nas garras do monstro q encerra a cripta do labirinto de Mogor. Trala lectura, investigamos un chisco a q época pertencían os petròglifos galegos , cales eran as formas habituais e o significado e intentamos reproducilos a través da técnica do esgrafiado. Por outra parte o alumnado de 1b buscou informaciòn sobre os pintores da escolma , os seus estilos e cadros máis coñecidos. O alumnado de 1C fixo o mesmo pero buscando informaci...