Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2022

Concurso de contos de Samaín

Imaxe
  TEMAS Os textos teñen que incluír algún personaxe ou ser mitolóxico galego (meigas, trasnos, mouras, Santa Compaña, Sacaúntos...) FORMATO Os textos terán como máximo 500 palabras, estarán escritos a arial 12, dobre interliñado e xustificado. PRESENTACIÓN Entregaranse no correo de Dinamización: endlglagoa@gmail.com antes do 1 de novembro e en formato word ou pdf. Non poñas o teu nome real emprega un pseudónimo. Logo deixa os teus datos reais nun sobre con ese pseudónimo por fóra na conserxería do centro. XURADO O xurado estará formado polo equipo da Biblioteca e do EDLG do centro. PREMIO E entregaranse un primeiro e segundo premio. Os textos gañados difundiranse a través dos blogs de EDLG e Biblioteca e mais nas redes sociais do centro Non perdas máis tempo!! Corre e participa ou vasme dicir que tes MEDO!!!