No día do pasamento da poeta e activista Luz Fandiño , compartimos o tema no que a define a cantautora SES. Da canle de youtube de ACORDEIRETA : " Poemas da nosa ben querida Luz Fandiño ("Escolma de poemas", 1950-2010 e "Berro herdado", 2017). Unha muller loitadora, valente, insubmisa e xenerosa que ilumina sempre o noso camiño coa súa sabedoría, memoria sen fin e alma moza. Cada verba súa é unha ensinanza para nós. Gústanos facer as homenaxes en vida. Viva Luuuuz!!!!" De Nós TV : "A artista e música María Xosé Silvar (Sés) e a poeta Luz Fandiño, conversan sobre a forza e actualidade da obra de Rosalía de Castro. Desmontando o tópico imposto da Rosalía "miña xoia" e "chorona", descubrimos a importancia da poeta galega e universal nas biografías destas dúas importantes figuras da cultura galega actual. O Rabelo, coa forza do seu rap regueifeiro, encargouse de pór a banda sonora deste programa imprescindíbel. Este programa ...