Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

VÍDEOS/AUDIOS DAS FAMILIAS ROSALÍA VIAXEIRA 2025

Imaxe
Agradecer a participación a todas as familias qeu quixeron celebrar conosco o Día de Rosalía este ano 2025. É unha marabilla escoitar os versos da poetisa en tantas voces. Gran traballo.  Isto é unha lista de vídeos se queredes ver o voso buscádevos na esquina superior dereita. Disfrutade da poesía!!! VÍDEOS AUDIOS Loli Cid · Rosalía viaxeira III. As familias cantan

ENCONTRO CO ESCRITOR XABIER DOMÍNGUEZ

Imaxe
 O lumnado de 1º da ESO que leu Maxia de pedra e Segredos soterrados pudieron disfrutar da compañía do escritor da Limia e ex-alumno do centro. Sempre nos gusta escoitar aos nosos escritores e se son da casa con máis agarimo. Grazas polo tempo e todos os segredos que nos descobres dos teus libros e como editor.

OBRADOIRO DE MÚSICA TRADICIONAL DE MONDRA

Imaxe
 Mondra visitou o 7 de febreiro a Limia para compartir unha xornada de música cos nosos alumnado máis involucrado coa música e o baile tradicional. Soubo a pouco, as pandereteiras foron con ganas de tocarlle algunha peza pero o  tempo  botouse enriba. Outra actividade máis en colaboración e facilitada  por Arca da Noe e xunto co IES Cidade de Antioquía.                                                    

ROSALÍA VIAXEIRA III, AS FAMILIAS CANTAN

Imaxe
  O mes de febreiro é o mes de Rosalía de Castro , a nosa escritora máis popular e para iso abonda con fixarse no seu primeiro libro de  Cantares gallegos .  Este curso é o punto final ao proxecto da Rosalía Viaxeira . Primeiro foron os nosos alcaldes e alcaldesas, logo foron os comerciantes da vila e este curso, como non podía ser doutro xeito, as protagonistas son as familias. OBXECTIVO Poñer en valor a figura e obra de Rosalía de Castro. Implicar as familias no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumnado. TAREFA 1- Conseguir que distintas persoas da familia reciten un poema de Rosalía de Castro, preferiblemente de  Cantares Gallegos . Para iso pide o poema á túa profesora, explicarache onde podes cambiar de voz para recitar. 2-  Grava cada unha das persoas nun arquivo de voz diferente . Asegúrate de que o micro está cerca e o volume é axeitado. E sube todos os arquivos a este glosario co teu nome como concepto. Recorda poñerlle nome a cada audio para saber...