FESTA DE SAMAÍN
Este curso o día 3º de decembro festexamos a primeira festa do calendario cun traballo multidisciplinar que supuxo a participación de distintas áreas (Inglés, Plástica, FPB Cociña, Galego) e a colaboración de máis de 100 familias. Desde o departamento de plástica fixeron o tradicional concurso de cabazas : Dende o departamento de Lingua Inglesa impulsouse un concurso de larpeiradas terroríficas que só foi posible coa colaboración das familias do noso alumnado e a coordinación da nosa compañeira Ana Iria . A degustación das viandas só foi posible coa colaboración do profesorado e alumnado de FPB I e II que serviron a todo o alumnado e profesorado que quixo degustar estes manxares tan arrepiantes. Por último neste día aproveitamos para dar lectura aos textos gañadores do concurso de microrrelatos de Samaín, Organizado polo EDLG e o departametno de Lingua Galega , da man dos seus autores, Laura e Mateo.