Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

Antes de Nós

Imaxe
  O alumnado de 4º da ESO foi á casa da cultura do concello de Xinzo de Limia ver a película galega sobre o nso escritor Castelao. O concello convidou aos centros da vila e o noso alumnado acudiu en compañía do alumnado do Rosalía de Castro.

O REINO DE GALICIA, XOSÉ MANUEL BARBOSA ÁLVARES

Imaxe
     Hoxe, Grazas ás xestións de Rosa Alonso , no noso centro tivemos a unha das voces máis lúcidas e necesarias para comprender a nosa identidade: o lingüista, historiador e ensaísta, Xosé Manuel Barbosa Álvares . Os seus libros non son ficción, senón que supoñen unha profunda inmersión na historia de Galicia, algo necesario para comprender a nosa identidade como pobo.  Os seus textos traballan dous piares fundamentais:     1.  A historia de Galicia, en canto que o noso invitado analiza en profundidade como se formou o noso territorio, unha orixe que pasa necesariamente por Portugual, con quen mantemos raíces comúns,  e unha unidade cultura e lingüística, que xa vén do pasado, pero que foi tronzada coa inmersión do territorio galego na coroa castelá. Os seus ensaios estudan en profundidade ese proceso de formación, separación e asimilación que viviu a nosa nación. Obras como Evoluçâo historica dos limites da Galiza e Porque caiu a Galiza? A coroa...