O REINO DE GALICIA, XOSÉ MANUEL BARBOSA ÁLVARES






 
















Hoxe, Grazas ás xestións de Rosa Alonso, no noso centro tivemos a unha das voces máis lúcidas e necesarias para comprender a nosa identidade: o lingüista, historiador e ensaísta, Xosé Manuel Barbosa Álvares. Os seus libros non son ficción, senón que supoñen unha profunda inmersión na historia de Galicia, algo necesario para comprender a nosa identidade como pobo. 

Os seus textos traballan dous piares fundamentais:

    1.  A historia de Galicia, en canto que o noso invitado analiza en profundidade como se formou o noso territorio, unha orixe que pasa necesariamente por Portugual, con quen mantemos raíces comúns,  e unha unidade cultura e lingüística, que xa vén do pasado, pero que foi tronzada coa inmersión do territorio galego na coroa castelá. Os seus ensaios estudan en profundidade ese proceso de formación, separación e asimilación que viviu a nosa nación. Obras como Evoluçâo historica dos limites da Galiza e Porque caiu a Galiza? A coroa galaica durante a era compostelana son cruciais para entender esas dinámicas territoriais, culturais e políticas, e para comprender a historia que nos moldeou, para despois poder decidir libremente a onde queremos ir como pobo, sendo así donos do noso destino.

    2. Outo piar esencial do seu pensamento e o reintegracionismo. A presentación que el proxectará para guiar a súa charla está escrita en portugués porque Barbosa é un firme defensor de que a nosa lingua debe converxer na escrita coa portuguesa, o que se denomina reintegracionismo. Isto non supón só a creación dunha norma gramatical coincidente coa da lingua veciña, senón unha forma de manter esa unidade cultural e lingüística iniciada no pasado, dándolle a Galicia e ó noso idioma un futuro máis forte ó proxectalo ó mundo lusófono, mesmo alén do Atlántico. 

Grazas polos agasallos. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recollidada de Cantigas Populares da Limia

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES