Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025

NADALIÑAS

Imaxe
 O NADAL 2025 non sería o mesmo sen o concurso de Nadaliñas que organiza o departamento de Educación Plástica co seu alumnado de 3º da ESO. Pronto os gañadores.

CANDIDO PANIAGUA: 48 HORAS

Imaxe
O  venres 5 de decembro, Cándido Paniagua volveu ao seu IES, da man da nosa xefa de estudos, Ana Escudera, profesora do escritor na súa etapa no centro. Foi un verdadeiro pracer escoitalo falar dos segredos da súa obra: 48 horas, lectura que enganchou ao noso alumnado de 2º da ESO, que lle tiñan un montón de preguntas gardadas sobre a historia da novela. Tamén nos contou en primicia que está a piques de publicar outra novela, para adultos desta vez, pero que tamén ten pensado seguir publicando para os adolescentes. GRAZAS POR TODA A XENEROSIDADE E POR ESA CALMA E AMOR POLA ESCRITA QUE LLE TRANSMITICHES AO ALUMNADO.                                                     

PROXECTO MEMORIA VIVA

Imaxe
 O alumnado de 2º ESO coa súa profesora Chus Prol estivo facendo este trimestre un proxecto de patrimonio inmaterial que chamaron MEMORIA VIVA. O alumnado tivo que conversar cos avós e avoas e preguntarlle por  ditos, oracións, lendas, contos, refráns, romances, coplas, cantigas de arrolo e moito máis. Sen dúbida foi unha ocasión única para poñer en valor a sabedoría dos maiores e prestar atención aos nosos conversando con eles do que máis lles gusta.

LECTURAS VOLUNTARIAS (podcast, booktrailers, xogos de mesa)

Imaxe
 Cara final de trimestre van chegando os agasallos do alumnado máis lector. Xa na Radio Antelana os novos podcast de clásicos como Os vellos non deben de namorarse de Castelao ou Agosto do 36 de Fernández Ferreiro. VISITADE A RADIO SE QUEREDES ESCOITALAS Aquí tamén deixamos os booktrailers de alumnado de bacharelato sobre obras como: Os vellos, Trececatorcedezaseis ou Os nenos da varíola . E algunha fotiño dos xogos de mesa que fixo o alumnado de 1º da eso, sempre tan creativos. Case todos escolleron como lectura a Escarlatina, a cociñeira defunta . Leo de 1º ESO B fíxo este xogo sobre o libro de relatos Cando petan na porta pola noite :   Tamén temos traballiños sobre Escarlatina a cociñeira defunta   doutros alumnos de 1º ESO B (Lucas e Iván)