LECTURAS VOLUNTARIAS (podcast, booktrailers, xogos de mesa)

 Cara final de trimestre van chegando os agasallos do alumnado máis lector.


Xa na Radio Antelana os novos podcast de clásicos como Os vellos non deben de namorarse de Castelao ou Agosto do 36 de Fernández Ferreiro.

VISITADE A RADIO SE QUEREDES ESCOITALAS


Aquí tamén deixamos os booktrailers de alumnado de bacharelato sobre obras como: Os vellos, Trececatorcedezaseis ou Os nenos da varíola.




E algunha fotiño dos xogos de mesa que fixo o alumnado de 1º da eso, sempre tan creativos. Case todos escolleron como lectura a Escarlatina, a cociñeira defunta.


Leo de 1º ESO B fíxo este xogo sobre o libro de relatos Cando petan na porta pola noite:




 

Tamén temos traballiños sobre Escarlatina a cociñeira defunta  doutros alumnos de 1º ESO B (Lucas e Iván)

   

  


    








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recollidada de Cantigas Populares da Limia

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES