Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2024

Videocreación LEtras Galegas 2024

Imaxe
Unha homenaxe ben bonita de Imrane para a nosa escritora Luísa Villalta. Emotivo traballo dun alumnado que sempre nos sorprende coa súa creatividade.

PODCAST DE LITERATURA XX

Imaxe
Rosa Alonso, co seu alumnado de 2º Bac, estivo no mes de maio facendo uns posters con textos representativos da literatura do século XX en Galicia e logo tamén fixeron podcast deses mesmos textos. Loli Cid · LITERATURA GALEGA SÉCULO XX

VELLOUCAS & MINCHAS

Imaxe
A novela Velloucas a& minchas ,  de Lorena Conde da editorial Cuarto de inverno ,  foi  III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Esta novela inspirou o alumnado par afacer un xogo: E tamén inspirou as alumnas de 2º C que fixeron unha película por capítulos do libro que leron con Noe e este foi o resultado:

VIAXE FIN DE CURSO VILA REAL

Imaxe
 A turma de 1º ESO A e B, de Lingua Portuguesa, foron coas profes Noe e Rosa de visita a Vila Real a poñer os peíños a remollo e conversar se callar algo de portugués. Así de ben o pasaron no  Natur Water Park                            

Produción audiovisual 1º BAC

Imaxe
  O alumnado de Lingua e Literatura Galega de Carme Gómez de 1º de Bacharelato, estivo durante este curso realizando documentais para traballar as distintas épocas literarias da nosa literatura desde a IM ata o Rexurdimento. Vede aquí algunha das propostas, seguro que aprenderon un montón e dunha maneira ben  creativa!!! UN RAP MEDIEVAL HISTORIA DO HIMNO DE GALICIA UNHA VIAXE NO TEMPO

PROXECTO RODAMOS

Imaxe
  Este curso 2023-2024 Carme Gómez botou a andar co alumnado de 4º ESO un ambicioso proxecto de produción audiovisual que deu como froito unhas curtametraxes e reportaxes baseadas en textos da literatura do século XX que son moi bos. Noraboa a todos por este gran resultado. Primeiro deixamos a curtametraxe Coma Lobos , xa que os autores e autoras a presentaron ao concurso de videocreación das Letras 2024 do noso IES e resultaron gañadores. Noraboa Brais, Miriam, Valentina, Antía!!! Agora ofrecémosvos o reprodutor con todos os vídeos do proxecto que puidemos publicar para que disfrutedes coma nós da nosa literatura e o talento do noso alumnado.

XORNAL DAS LETRAS GALEGAS

 O grupo 2 de 3º ESO C: Noa, Carlos, Daniel, Fabian, Érika e Hugo sacaron adiante o seu xornal das Letras de Luísa Villalta. O Xornal da Letras (Fabián, Carlos, Noa, Érika, Hugo e Daniel de 3º ESO C) de Daniel Rodríguez Yáñez Revista das Letras de Luísa Villalta. Grupo 1, 3º ESO B: Doha, Manuel, Antía, Isaac, Antón, Iria e Mohamed. manuel isaac iria doha antón mohamed de Manuel Rodriguez Dacal Revista das Letras Luísa Villalta: Saúl, Meriem, Hugo, Antía, Jorge, Lucas; 3º ESO B black vintage newspaper birthday party poster de Hugo Camino garcia

INTERCAMBIO XINZO-RIANXO II

Imaxe
Hoxe, 19 de xuño, tocou recibir ao alumnado e profesorado do I ES Felix Muriel de Rianxo . Despois de descubrirmos as Dunas de Corubedo e a vila literaria de Rianxo , tocábanos como anfitrións amosarlles a vila de Xinzo e os arredores aos nosos compañeiros da costa. Ben seguro que aquí non viron o mar, pero si puideron imaxinar desde o alto do castelo de Pena como foi a Lagoa máis grande da Península antes de que decidiran desecala e convertela no que hoxe vemos, terreos de cultivo.  Tamén visitamos o Museo do Entroido , fixemos unha xincana para que descubriran os recunchos da vila e algo da nosa historia. Finalmente, ameazados polas treboadas que viñan de San Mamede corremos lixeiros ao cole a facer difetentes obradoiros e coñecer ese espazo creado dentro do marco do Proxecto de Biodiversidade inclusiva e baixo o amparo das ESCOLAS AZUIS que nos puxo en contacto co IES de Rianxo, xa que somos as dúas escolas neste marco.

MAPA XINCANA RIANXO-ANTELA

Móvete polo mapa para atopar os retos desta xincana pola vila de Xinzo e rexistra as túas mensaxes en foto ou en audios a través dunha mensaxe de whatsapp. No mapa tes que ver os retos que agochan as estrelas violetas para resolver.     

Dígocho eu: Animais ecosistema de auga doce

Imaxe
  Neste post deixamos algúns dos vídeos do alumnado no que se traballaban o vocabulario específico dos animais do ecosistema de auga doce, para intentar fixar as formas galegas e eliminar castelanismos. Esta foi a nosa pequena contribución dende a materia de Lingua Galega ao proxecto da charca no centro, no marco do Proxecto de Biodiversidade Inclusiva que organizan Bioloxía e EPV e que desenvolvemos durante todo este curso en 1º ESO no IES Lagoa de Antela.

MULLERES CON ÁS - 2024

Imaxe
 Outro ano máis o alumnado de 2º da eso participa no Proxecto de Orientación IgualaT e nós colaborando con eles, primeiro foron as curtas e agora un obradoiro a cargo da actriz ................. Noutra fase do proxecto o alumnado ten que escoller a súa muller con ÁS e facer unha pequena vídeo reportaxe sobre esa muller para coñecela un chisco máis. Sen dúbida que Noe é unha moi boa candidata, o alumnado non puido acertar máis!! 

Plantas que curan ou protexen

Imaxe
  Na   noite de san Xoán  ou do   Lume Novo,   a noite do día   23 ao 24 de xuño , e coincidindo co solsticio de verán, celébrase unha das festas antropoloxicamente máis importantes en Galicia.  Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de san Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas etc. Daquela o no noso alumnado que este curso xa anda coas mans na horta vai facer a seguinte tarefa:  REPORTAXE DE INVESTIGACIÓN FAMILIAR: AS HERBAS QUE CURAN OU PROTEXEN :  Vídeo-reportaxe/entrevista na que se expliquen cales son os ritos da noite de san Xoán da familia, se os hai. E aproveitamos esta ocasión para falar de plantas ou herbas que curan ou protexen. Se pode ser dando un pequeno paseo recoller as herbas e ir contando para que se usaba cada unha. Imos deixar por aquí un reprodutor dos vídeos da rapazada d e3º e 1º ESO. Grazas unha vez mái

COMO LOBOS - Premio Audiovisual Letras 2024

Imaxe
  Aitana, Brais, Miriam e Valentina fixeron un traballo de produción audiovisual fantástico con textos literarios da nosa lit. do século XXI. Eles foron os gañadores do concurso das Letras Galegas 2024. Parabéns ás rapazas e á súa profe Carme Gomez por iniciativa tan grande.

A boca do inferno

Imaxe
 Traballo de lectura voluntaria de Daniel Rodríguez de 3º ESO C sobre o libro de Santiago Jaureguizar,   A boca do inferno .