ARRINCAMOS

                                     Boas xente!


Arrincamos un novo curso académico e desde esta xanela de Dinamización queremos desexarvos éxito para alcanzar os vosos obxectivos.

Aquí estamos un ano máis todo o equipo para axudar a calquera persoa da comunidade educativa nos seus atrancos ou dúbidas coa lingua.

Tamén vos convidamos a que vos anotedes como colaboradores/as do Equipo de Dinamización para facermos medrar xuntos a nosa lingua e a nosa cultura a través das actividades que se organizan ao longo de todo o curso.

Deica!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ROSALÍA NA TÚA MAN

SCAPE ROOM DÍA DE ROSALÍA PARA FACER NO IES

AS OBRAS DE TEATRO DO ENTROIDO