DA HORTA Á MESA

Este curso 2023-2024 o patio interior do edificio de FP Básica deu un xiro e o profe Iván Fernández, xunco co seu alumnado de 1º, decidiron desfacerse do mato que cubría o patio e facer unha horta fermosísima na que cultivan verduras e froitas que empregan nos seus pratos. Así quedou: Por este motivo decidimos poñer en marcha un proxecto educativo no que se implican as familias e o alumnado de 1º da ESO e que chamamos DA HORTA Á MESA. Nun primeiro momento o alumnado visitou a horta para coñecer que alimentos temos alí. E coa axuda de Iván fómonos familiarizando con todos. Nun segundo paso o alumndo fixo unha investigación sobre un alimento da horta que presentamos nas vidreiras da horta do cole para que toda a comunidade saiba que temos plantado. Grazas a Lucía Parente, a profe de bioloxía, que nos botou unha man coas cuestións máis técnicas. ficha da horta de Loli Cid O terceiro paso foi facer unha pequena investigación familiar e entrevistar as avoas/avós para...