Publicacións

CHUS PATO - PREMIO NACIONAL DE POESÍA

Imaxe
 Este 23 de setembro volve deixarnos un inicio de curso de premio para a nosa cultura. A escritora CHUS PATO foi galardoada co Premio Nacional de Poesía. A nosa noraboa para a poeta ourensá de raíces limegas. Entrevista da revista LUZES . Cream Torn Simple Poetry Book Cover de Loli Cid

CONCURSOS SAMAÍN

  Este curso 2024-2025 comezamos cunha chea de actividades que nos trae da súa man o outono. A primeira é a convocatorio dos concursos de Samaín. Modalidade MICROTEATRO DE SAMAÍN e RELATO DE SAMAÍN Déixamos as bases para todos os que queirades participar nos carteis de CANVA que pegamos tamén no taboleiro do EDLG. concursos de samaín de Loli Cid

LECTURA E MEDO

Imaxe
van algunhas lecturas de medo para comezar este curso 2024-2025 e irmos achegándonos á primeira festa do curso O SAMAÍN. Recorda que podes ler na plataforma dixital ELBE Gráfico Mapa mental pizarra con notas Doodle Marron de Loli Cid

Videocreación Letras Galegas 2024

Imaxe
Unha homenaxe ben bonita de Imrane para a nosa escritora Luísa Villalta. Emotivo traballo dun alumnado que sempre nos sorprende coa súa creatividade.

PODCAST DE LITERATURA XX

Imaxe
Rosa Alonso, co seu alumnado de 2º Bac, estivo no mes de maio facendo uns posters con textos representativos da literatura do século XX en Galicia e logo tamén fixeron podcast deses mesmos textos. Loli Cid · LITERATURA GALEGA SÉCULO XX

VELLOUCAS & MINCHAS

Imaxe
A novela Velloucas a& minchas ,  de Lorena Conde da editorial Cuarto de inverno ,  foi  III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Esta novela inspirou o alumnado par afacer un xogo: E tamén inspirou as alumnas de 2º C que fixeron unha película por capítulos do libro que leron con Noe e este foi o resultado:

VIAXE FIN DE CURSO VILA REAL

Imaxe
 A turma de 1º ESO A e B, de Lingua Portuguesa, foron coas profes Noe e Rosa de visita a Vila Real a poñer os peíños a remollo e conversar se callar algo de portugués. Así de ben o pasaron no  Natur Water Park