Publicacións

OBRADOIRO XOGOS TRADICIONAIS

Imaxe
 Vicedirección organiza para o alumnado de 3º ESO un Obradoiro de Xogos Tradicionais a cargo da Asociación Cultural Xaquín Lourenzo, da Deputación Provincial de Ourense.

VISITA XOSÉ MIRANDA

Imaxe
 O alumnado de 4º ESO despois de ler Pel de lobo , tivo o pracer de presentar e poder escoitar ao escritor Xosé Miranda que por petición de Carme Gómez visitou o IES Lagoa de Antela.

CONCURSO DE NADALIÑAS

Imaxe
 En colaboración co departamento de EPV, tradicional concurso de nadaliñas do alumnado de 3º da ESO. Aí vai algunha mostra.     

AS FAMILIAS CONTAN II

  Podcast das historias de Samaín  Este curso 2024-2025 as familias do alumnado de 1º e 3º da ESO volveron colaborar co centro na recollida de patrimonio oral e botáronnos uns contos que agora compartimos na radio do IES Lagoa de Antela. Mouros, mouras, lobos, ánimas e demais personaxes da nosa literatura popular protagonizan estas historias. Grazas a todos por colaborar. VISITA A RADIO DO IES PARA ESCOITAR AS HISTORIAS

MAGOSTO

Imaxe
 EF, FPB de cociña e alumnado de 1º de BAC coordinan as viandas e as actividades para celebrar o magosto. Como novidade este curso, as familias estiveron convidadas a pasar a xornada connosco.          

Concerto Katya Teixeira

Imaxe
 A brasileira Katya Teixeira visita os IES da Limia por mediación da Arca da Noe para que o noso alumnado de portugués poida disfrutar da cantora brasileira.

REGUEIFA CON SECHU SENDE E OS SEUS REFEITEIRXS

Imaxe
 O alumnado de 3º eso tivo unha xornada de poesía improvisada e reigueifaron con Sechu Sende e o alumnado do Marco de Camballón de Vila de Cruces que nos viñeron ensinar. Todos contentísimos. Actividade organizada co IES Cidade de Antioquía e con axuda de Noemí e a Arca da Noe.