Publicacións

BEGOÑA INSPIRA A NOV@S ARTISTAS

Imaxe
 O alumnado de 2º ESO, coa profe Chus Prol, traballaron as obras de Begoña Caamaño e tras escoller as frases máis relevantes realizaron as seguintes composicións plásticas.

MULLERES DAS LETRAS GALEGAS

 O alumnado de 1º BAC investigou e elaborou canvas para difundir a imaxe e obra das mulleres ás que se dedicou ao longo do tempo o Día das Letras Galegas. A exposición gañadora foi a de Daniel Rodríguez. TODAS AS EXPSICIÓNS

EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS

Imaxe
 TRAS REALIZAR OS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS MULLERES DAS LETRAS E SOBRE AS PERSONAXES DAS OBRAS DE BEGOÑA CAAMAÑO ESTA FOI A EXPOSICIÓN FINAL. TRABALLO DO ALUMNADO DE 1º BAC

VSITA ANXO GONZÁLEZ GUERRA

Imaxe
  Anxo González Guerra veu deleitarnos coas súas historias e vivencias en relación ao noso idioma. Enfiounas de tal xeito que algo nos contaxiou da súa autenticidade. Aproveitamos a actividade para observar a naturalidade e cercanía con que conta as historias e sermos quen de aplicalas á hora de contar contos poñendo énfase na expresividade. Actividade para o alumnado de 2º ESO celebrada o 15 de maio no mes das Letras.   Estas son as fotos da contada. Grazas Chus Prol por organizar.

PIE DE IGUALDADE

Imaxe
 Visita da árbitra de fútbol profesional, Zulema González e da chef Begoña Vázquez  de Regueiro da Cova en Verín . Ambas falaron da súa experiencia profesional nun mundo de homes e ademais empregando a nosa lingua sempre en todo momento, co cal foron un exemplo de dinamización da nosa lingua. 

BEGOÑA CAAMAÑO

Imaxe
Seminario Galán AGALEGA.GAL Presentación da autora das letras breve CIRCE MORGANA ZIG ZAG DIARIO :  PASAPALABRA ASPG CURTO LONGO Sen dúbida, hoxe temos un dúo musical, Fillas de Casandra, qeu tomaron o relevo de Begoña Caamaño. Elas dedícanse a reescribir os mitos de antes con música en vez de literatura, como fixera Begoña. Elas tomaron o relevo para darlles voz ás mulleres e ligan eses mitos cos nosos días. FILLAS DE CASANDRA: PANDORA FILLAS DE CASANDRA: AS MOIRAS FILLAS DE CASANDRA: ANTÍGONA FILLAS DE CASANDRA:  DAFNE E SYRINX FILLAS DE CASANDRA: ECO FILLAS DE CASANDRA: LISÍSTRATA FILLAS DE CASANDRA: ACRÓPOLE

VISITA EVA MEJUTO

Imaxe
 Abril comezou coa visita da escritora EVA MEJUTO . Veu ao centro falar un chisco de memoria histórica xa que o alumnado leu  leran Memoria do silencio ou A ladroa da biblioteca de Meirás .