Publicacións

Recursos letras Luísa Villalta

VÍDEOS DA WEB DA RAG SOBRE A ESCRITORA FRAGMENTOS DA OBRA DA ESCRITORA NA RAG MOSTRA DE CARTEIS GAÑADORA  O PORTAL DA LINGUA PROPOSTA DIDÁCTICA DA BANDA DA LOBA con tres poemas de Luísa Villalta, tres temazos con cadanseu caderno de traballo. GRAZAS!!!   

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2024 NA VILA DE XINZO

Soft Blue and Yellow Illustrative Live Music Concert Instagram Story de Loli Cid

ADEUS A POETA LUZ FANDIÑO

Imaxe
 No día do pasamento da poeta e activista Luz Fandiño , compartimos o tema no que a define a cantautora SES. Da canle de youtube de ACORDEIRETA : " Poemas da nosa ben querida Luz Fandiño ("Escolma de poemas", 1950-2010 e "Berro herdado", 2017). Unha muller loitadora, valente, insubmisa e xenerosa que ilumina sempre o noso camiño coa súa sabedoría, memoria sen fin e alma moza. Cada verba súa é unha ensinanza para nós.  Gústanos facer as homenaxes en vida. Viva Luuuuz!!!!" De Nós TV : "A artista e música María Xosé Silvar (Sés) e a poeta Luz Fandiño, conversan sobre a forza e actualidade da obra de Rosalía de Castro.   Desmontando o tópico imposto da Rosalía "miña xoia" e "chorona", descubrimos a importancia da poeta galega e universal nas biografías destas dúas importantes figuras da cultura galega actual.  O Rabelo, coa forza do seu rap regueifeiro, encargouse de pór a banda sonora deste programa imprescindíbel. Este programa ...

PROMOCIONAMOS A LECTURA

Imaxe
 O alumnado de 1º eso participou no concurso de creación publicitaria para animación da lectura como unha das moitas actividades que se levaron a cabo no IES Lagoa de Antela neste mes de abril. O anuncio gañador foi o de MIA CELESTE, de 1º ESO E.  Os anuncios dos demais participantes: 

OBRADOIRO CON INÉS MIRÁS

Imaxe
  O día 24 de abril visitou o centro a música da Banda da Loba Inés Mirás para ensinarlle ao noso alumnado a improvisar e crear temas musicais con letras comprometidas tomando de base un ritmo coñecido.  Este curso o ritmo escollido foi Ráfaga e a temática das letras o futuro e o fútbol. Aí van os resultados:

CREAMOS POESÍAS CON LIBROS

Imaxe
  O alumnado de 4º ESO creou uns poemas ben orixinais a partir de títulos de obras galegas. Foi outra actividade que se implementou no Lagoa de Antela para celebrar o Día do Libro. Aquí vos deixamos dúas mostras. Pero na ligazón tedes todos os traballos OS TRABALLOS DE CREACIÓN POÉTICA

Concurso de videocreadión ou produción literaria das letras

  Cartel Festival De Música Ilustrativo Negro de Loli Cid