Publicacións

PROXECTO COLABORATIVO GALICIA NOMEADA

Imaxe
Onte foi 26 de maio e tivemos a sorte de contar coa presenza no centro de Vicente Feijoo Ares.  Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, actualmente divide o seu tempo entre a tese doutoral que está a facer sobre Os nomes dos penedos en Galicia e traballar en xeral por salvagarar o noso patrimonio inmaterial a través dos nomes do territorio. Xa leva 23 anos no eido do traballo coa toponimia o que lle déron para coordinar o desaparecido Proxecto Toponimia de Galicia, para formar parte do Seminario de Onomástica da RAG, da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, da Comisión Especializada de Nombres Geográficos (Ministerio de Fomento). Actualmente ademais é coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG, e do proxecto colaborativo GALICIA NOMEADA , lugar no que nace a súa campaña de divulgación TOPONIMÍZATE , e asesor dos micro-documentais Os nomes da nosa terra .  Sen dúbida algunha hoxe o alumnado quedou cunha tarefa pendente na súa axenda, ser os gardiáns e...

CONCURSO DE NARRACIÓN CURTA CARLOS CASARES

Imaxe
Corre!!!  Seguro que tes algunha boa historia que contar. O día 5 de maio remata o prazo para presentar os teus textos!!! Preme na ligazón para ver as bases    BASES

SAÍDA DIDÁCTICA AO VAL DA XÁLIMA E PORTUGAL

 Mañá día 30 o alumnado de portugués e colaboradores do EDLG saen de visita ao Val de Xálima e Portugal e estes días fixeron unha busca de información e xogos sobre os lugares que van visitar, xa que serán os guías da excursión. Aproveitarán a saída para gravar mostras da Fala e conversar en portugués.   EXPOSICIÓNS E XOGOS DO ALUMNADO DE 2º ESO A-B PRESENTACIÓN SOBRE A FALA    PRESENTACIÓN SOBRE SAN MARTÍN DE TREVEJU   PRESENTACIÓN XOGO SOBRE AS ELLAS PRESENTACIÓN SOBRE SAN MARTÍN DE TREVEJU PRESENTACIÓN XOGO SOBRE VALVERDE DE FRESNO   PRESENTACIÓN COÍMBRA XOGO SOBRE COÍMBRA PRESENTACIÓN GUIMARAES

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

Imaxe
 Este 21 de marzo, DÍA DA POESÍA, xogamos a crear e compoñer poesía de forma colaborativa e aquí unha pequena mostra de parte do traballo das dúas últimas horas de hoxe. Alumnado encantado e esperando que haxa mañá día da poesía de novo. Seguiremos publicando máis traballos porque o Día da Poesía sempre é dos máis creativos e produtivos.

ASÍ FOI O DÍA DE ROSALÍA NESTE 2023

Imaxe
Nesta entrada quedan organizados os resultados de todas as actividades que este curso se celebraron no IES Lagoa de Antela e nas que colaboraron os departamentos de Linguas, de EPV, Vicedirección, EDLG do noso IES e do Cidade de Antioquía. ROSALÍA VIAXEIRA Con esta actividade os alcaldes e alcaldesas da comarca da Limia deron vida á poesía da autora na súa voz e recitaron para todos os veciños e o alumnado algúns dos poemas da autora. ROSALÍA NA TÚA MAN Esta actividade xurdiu coa intención de achegar a música de Rosalía á veciñanza ce Xinzo de Limia e aos seus visitantes a través da música dos poemas da escritora.  Para iso realizouse unha exposición de 14 poemas que con financiación do concello de Xinzo. Logo un grupo de alumnos/as de 2º  e 4º eso pegou en lugares estratéxicos da vila os paneis e ían explicando en que consistía a actividade. Na mesma rúa cando nos atopabamos con xente coñecida ofrecémoslle a posibilidade de escoitar un poema de Rosalía a tan só un clic no seu...

GENIALLY PARA A EXPOSICIÓN ROSALÍA NA TÚA MAN

Despois de escoitar e ver a exposición "Rosalía na túa man" deixámosvos tres propostas de  actividades votación centón colectivo genially Post de instagram Amor a la vida Estético Beige de Loli Cid

ENQUISA - ROSALÍA NA TÚA MAN

Cargando…