Publicacións

Enquisa de uso da lingua galega

Imaxe
Este curso 2022-2023 o traballo do Equipo de Dinamización vai comezar por actualizar o uso da lingua galega dentro da nosa comunidade educativa. Desde xa podedes acceder ao cuestionario no que puxemos unhas 10 preguntiñas fáciles de responder e que nos permitirán observar se a Lingua Galega segue con boa saúde no noso centro. Recordade que só se pode enviar unha resposta polo que necesitamos que sexades coidadosos cando leades os enunciados e cando marquedes as vosas respostas. Moitas grazas por prestarnos un minutiño do voso tempo. Preme aquí para acceder ao formulario.

ARRINCAMOS

Imaxe
                                      Boas xente! Arrincamos un novo curso académico e desde esta xanela de Dinamización queremos desexarvos éxito para alcanzar os vosos obxectivos. Aquí estamos un ano máis todo o equipo para axudar a calquera persoa da comunidade educativa nos seus atrancos ou dúbidas coa lingua. Tamén vos convidamos a que vos anotedes como colaboradores/as do Equipo de Dinamización para facermos medrar xuntos a nosa lingua e a nosa cultura a través das actividades que se organizan ao longo de todo o curso. Deica!

LECTURA E TICs

Imaxe
Na terceira avaliación tocou o xénero dramático e o alumnado de 1º ESO fixo lectura das comedias Atranco no banco e O achado do Castro de Manuel Núñez Singala . Estes on os seus booktrailers Traballo Manuel Rodríguez Dacal Traballos Jorge Quevedo Tamén lemos narrativa, como Maxia de Pedra ou Tonecho de Rebordechao Traballo Saúl Nogueiras

VISITA PAULA CARBALLEIRA

Imaxe
  O venres 22 de maio visitou o IES Lagoa de Antela a contacontos, actriz, escritora...                                     Paula Carballeira Algúns momentos da contada...

HISTORIA DA LINGUA GALEGA

O alumnado de 1º ESO B, coa axuda da súa profesora, Rosa Alonso, estivo a traballar a historia da nosa lingua a través das infografías. Este foi  o resultado:

VISITA DE XABIER DOMÍNGUEZ

Imaxe
 Para celebrar o Mes das Letras o autor de Maxia de Pedra visita o seu antigo instituto e conversa da máxia da escritura cos nosos alumnos e alumnas.

Festexando as Letras de Florencio Delgado Gurriagarán

Imaxe
O alumndo do IES Cidade de Antioquía e do IES Lagoa de Antela botáronse á rúa para celebrar con todos os veciños da vila de Xinzo de Limia as Letras Galegas deste ano. Os versos de Florencio Delgado viñeron dereitiños dos bacelos de Córgomo, Valdeorras, á chaira da Limia para encher de verbas lindas os beizos de rapazada e adultos que se ofreceron a recitar os versiños do noso homenaxeado. Tras unha mañá de entrevistas para o programa Aquí A Limia os nosos reporteiros conversaron con distintas persoas para demostrarnos que a lingua galega nos une a todos e todas nesta festa que nos enche de orgullo. Parabéns a aqueles que participastes e colaborastes co noso alumnado.  O alumnado dos nosos centros tamén recitou algúns versos de Florencio no Instituto. Mil grazas aos que participastes!!!